Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación dunha proposición non de lei no Parlamento galego, logo dunha transacción co Grupo Socialista, a través da que se solicita á Xunta ampliar ás etapas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato a liña xa emprendida pola Consellería en formación profesional, poñendo, á maior brevidade posible, un conxunto de instrumentos e ferramentas informáticas que permitan a elaboración das programacións didácticas acorde co modelo curricular vixente.
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a elaborar un programa de axudas específico para as familias monoparentais, “reforzando as políticas dirixidas ao benestar das familias e, sobre todo, das familias de especial consideración”, manifestou a portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodriguez Arias.
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo demandou hoxe á oposición tratar o problema das urxencias sanitarias por mor dos picos da gripe “con seriedade”. “O problema non se soluciona como piden os socialistas esixindo informes aos xerentes dos hospitais, nin botando a culpa aos equipos directivos ou aos profesionais, porque este problema xa ven desde hai moito tempo, cando non había crises nin recortes e eran anos de bonanza e investimentos”, apuntou.
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a aprobar durante o primeiro semestre deste ano a norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración da Comunidade galega, incorporando a correspondente memoria económica. “Con esta norma, Galicia volverá a ser pioneira en España, creando por primeira vez a figura do persoal investigador e incluíndoa no catálogo de postos de traballo da Administración autonómica, co obxectivo de favorecer a retención do talento científico”, asegurou o deputado do Grupo Popular Moisés Blanco
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou hoxe que o Goberno galego “posicionouse claramente do lado dos consumidores e actuou desde o primeiro momento informando e formando” sobre o Real Decreto 1/2017, que facilita aos afectados polas cláusulas chan un procedemento extraxudicial para resolver e defender os seus intereses de forma sinxela, rápida e gratuíta, deixando sempre aberta a vía xudicial.
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe “coherencia” aos grupos da oposición para manter a unidade presente na proposición de lei asinada por todos os deputados galegos reclamando a transferencia da   AP-9.
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do  Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe o desenvolvemento do plan estratéxico contra a hepatite C a nivel nacional, “de xeito absolutamente coordinado e non que cada autonomía faga o que lle pareza axeitado”. Neste sentido, cifrou en 4.700 as persoas tratadas en Galicia, “todos os enfermos que o precisaban, dentro da priorización prevista no plan estatal en relación co grao de fibrose e outros factores de interese”.
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou esta tarde no Pleno do Parlamento porque se aproveite a constitución da Comisión de Investigación sobre as caixas de aforro galegas “para incorporar no plan de traballo novos datos, documentación e valoracións, deixando fóra os infundios, as insinuacións ou as sombras de sospeita”. “Galicia merece unha explicación sobre o proceso da conversión das caixas nun banco, non unha nova controversia baseada en infundios”, indicou.
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou esta tarde no Pleno do Parlamento que “o Hospital de Ourense e o seu servizo de urxencias está dotado dun cadro de persoal axeitado, que foi mellorado nestes últimos anos e que vai mellorar máis coa apertura do novo edificio de hospitalización”.

Síguenos nas redes sociais