Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que “sorprende como, desde un escano, Luis Villares está firmando sentencias de culpabilidade ou inocencia segundo criterios partidistas”. Así se expresaba en resposta ao respaldo que o portavoz parlamentario de En Marea ofreceu ao edil de Compostela Aberta, Jorge Duarte, investigado por prevaricación administrativa. 
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe unha proposición non de lei a través da que insta ao Ministerio de Fomento para que continúe prestando o servizo de venta de billetes e atención ao viaxeiro nas estacións ferroviarias de Galicia.
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a promover a declaración como Área de Rehabilitación Integral da Illa de Ons, co obxecto de facilitar as actuacións de rehabilitación nas vivendas existentes na illa.
Santiago, 15 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira lamentou esta mañá no Parlamento que “a irresponsabilidade política de BNG e PSOE poñan en risco un investimento de 10 millóns de euros para rehabilitar o degradado Pazo de Lourizán e crear neste inmoble un centro de I+D”. Moreira criticou o “cambio de postura” do BNG respecto deste proxecto, “ao anunciar primeiro que non ían poñer impedimentos ao que propuxera facer a Xunta no Pazo de Lourizán e poucos días despois opoñerse á rehabilitación deste inmoble”
Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta elabore, coa participación do Consello de Acción Exterior, un informe sobre os posibles impactos do Brexit na economía galega e nos seus sectores produtivos. Así mesmo, demandarase ao Goberno galego a consolidación das casas-niño para que todos os concellos de Galicia teñan recursos de conciliación no ano 2020.
Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe dirixirse ao Goberno central para que impulse a creación dunha lista de referencia, de xeito similar á que xa existe para a flota do bonito, na que as embarcacións amosen con carácter previo o seu interese en participar nas distintas pesqueirías dentro do plan de xestión do Caladoiro Nacional Cantábrico e Noroeste.
Santiago, 14 de febreiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, instar á Xunta de Galicia a impulsar, en común co Consello Galego de Pesca, unha análise particularizada da situación dos caladoiros, das novas esixencias en materia de descartes pesqueiros ou da oportunidade que se abre para reformar a ríxida normativa europea como consecuencia do Brexit, para verificar a posibilidade de incrementar as posibilidades de pesca á luz dos aumentos da biomasa das especies pesqueiras.
Santiago, 13 de febreiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou “tranquilidade” ao BNG respecto da Comisión de investigación sobre as caixas galegas porque “vaise constituír, vai chegar a conclusións e van ter a oportunidade de dicir o que pensan sobre este tema, cousa que xa o están a facer antes de que se redacten as conclusións”.
Santiago, 13 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular designou esta mañá aos deputados e deputadas responsables de cada portavocía, unha vez tivo lugar a configuración definitiva deste grupo parlamentario, que presenta unha renovación do 56 por cento respecto do final da pasada lexislatura. Así mesmo, o portavoz Pedro Puy manifestou a satisfacción da delegación galega que asistiu ao Congreso Nacional do Partido Popular, tanto polos resultados conseguidos a nivel orgánico, co incremento de galegos nos órganos de dirección do partido, como coa aprobación de ideas e textos políticos que marcarán a actuación do PP no futuro.

Síguenos nas redes sociais