Madrid, 11 de febreiro de 2017.- O Partido Popular de Galicia incrementa o seu peso na nova dirección que sairá do 18 Congreso Nacional do PP, ao sumarse como vogal do Comité Executivo o secretario xeral autonómico, Miguel Tellado, que ocupa este cargo desde o mes de maio de 2016.
Madrid, 11 de febreiro de 2017.-  O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta mañá que todos os españois deben ter garantidos uns servizos públicos de calidade, vivan onde vivan. Para que isto se faga efectivo, “estamos nun momento inmellorable para corrixir o que se fixo mal e consagrar un sistema de repartición xusta e equitativa” na negociación sobre o financiamento autonómico.
Madrid, 10 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, chegou este venres a Madrid para participar no XVIII Congreso Nacional do Partido Popular e destacou que os populares galegos acoden a esta cita con vontade de “contribuír á renovación do ideario do partido para seguir sendo útiles aos cidadáns, cuns postulados actualizados que sirvan para afrontar os desafíos comúns que temos por diante nos próximos anos”. 
Santiago, 9 de febreiro de 2017.- O portavoz de Educación do  Grupo Popular, César Fernández, afirmou esta tarde no Parlamento que o servizo de orientación que se presta no colexio de Escarabote no Concello de Boiro está axustado conforme ao que establece a normativa en función da situación actual do centro de ensino. “No caso de que nun futuro houbese un incremento de matrícula, será a propia inspección educativa a que demande máis persoal para este servizo”, sinalou.
Santiago, 9 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira destacou hoxe que a Xunta vén mellorando á alza o tempo de redución da xornada laboral dos empregados públicos para o coidado de fillos con enfermidades graves, fixando un chan superior á metade da xornada.
Santiago, 9 de febreiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo salientou hoxe no Parlamento que “o Libro Branco dos servizos de emerxencias médicas en España cualifica o modelo galego como o máis axeitado para unha comunidade coas características de Galicia”. “Ademais, o 061 é o servizo máis valorado polos galegos de entre todos os que ofrece o Servizo Galego de Saúde, cunha porcentaxe do 98,9 por cento dos usuarios que volverían a empregar o servizo en caso de necesidade”, engadiu.
Santiago, 9 de febreiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo avogou hoxe polo consenso e o acordo entre médicos e enfermeiros para a correcta dispensación de fármacos.
Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, afirmou hoxe no Parlamento que a contratación de persoal para o Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais (SPDCIF) “combina a súa presenza suficiente nas épocas de maior risco no ano coa flexibilización na contratación que demanda unha xestión adecuada dos recursos públicos”. Así mesmo, expresou o seu compromiso para reunirse con estes traballadores para coñecer de primeira man as súas demandas de melloras laborais.
Santiago, 7 de febreiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, manifestou esta tarde no Parlamento que, logo dos compromisos asumidos polo ministro de Fomento, “só hai unha incertidume” para a execución das obras, polo que demandou á oposición que “apoien os orzamentos do Estado no Congreso dos Deputados que incorporarán as partidas necesarias para a construción do AVE a Galicia”.

Síguenos nas redes sociais