Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 6 de febreiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe os orzamentos da Xunta de Galicia para o presente ano 2017, só 85 días despois da terceira toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como Presidente do Goberno galego. O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, ponderou o feito de que en Galicia haxa “un goberno serio, rigoroso e responsable” apoiado no mandato das urnas, ao tempo que convidou á oposición a que se decida a “sumar e remar xuntos na mesma dirección”.
Santiago, 6 de febreiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “imos apoiar os orzamentos da Xunta para 2017 porque son expansivos; equitativos tanto pola vía do ingreso como do gasto;  son prudentes nas súas previsións; son equilibrados porque non incorren en déficit; e están contribuíndo a que, unha vez abandonada a recesión, poidamos seguir crecendo e redistribuíndo os resultados dese crecemento para que ninguén en Galicia teña problemas”.
Santiago, 3 de febreiro de 2017.- Con motivo da celebración no día de mañá do Día Mundial contra o Cancro, o Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a estender neste ano 2017 o programa de detección precoz do carcinoma colorrectal a todas as estruturas organizativas de xestión integrada da sanidade galega.
Santiago, 3 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a aprobar canto antes un decreto regulador da cooperación para o desenvolvemento que facilite a xestión das axudas por parte das ONGDs. “Cremos que o novo escenario orzamentario, así como a nova arquitectura institucional, aconsellan que se aborde en breve prazo ese novo marco normativo que consideramos imprescindible para unha mellor articulación da cooperación ao desenvolvemento en Galicia”, manifestou do deputado popular Alberto Pazos.
Santiago, 3 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, comezou este venres a rolda de reunións de traballo cos grupos municipais dos concellos que avanzou na súa última xuntanza cos portavoces das sete cidades galegas. O obxectivo destes encontros é “coñecer as inquedanzas dos nosos compañeiros e aproveitar as sinerxias entre agrupacións, para atopar solucións comúns a problemas comúns”. “No PPdeG compartimos discurso, compartimos obxectivos e compartimos vontade de traballar polos nosos cidadáns. Ese é o mellor argumento para ser sempre un partido de goberno”, subliñou.

Síguenos nas redes sociais