Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se solicita á Unión Europea que se simplifiquen as esixencias respecto dos botiquíns á flota de baixura, de xeito que se adecúen ás circunstancias de proximidade, inmediata asistencia médica e limitación de espazo a bordo das embarcacións.
Santiago, 23 de marzo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique criticou esta mañá no Parlamento que En Marea “pretenda comezar a casa polo tellado no Porto Chico de Foz, xa que propoñen a creación de puntos de amarre cando aínda non se ten rematada a dragaxe e sen coñecer a demanda existente”.
Santiago, 23 de marzo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Soraya Salorio manifestou hoxe no Parlamento que o Goberno central ten previsto realizar a rexeneración da Praia das Delicias de Sada, polo que instou ao Concello a reclamar esa actuación para que se leve adiante este verán. Así mesmo, explicou que a obra proposta polo Concello de Sada “non resolve a problemática xeral de inundacións que poida haber neste municipio, porque sería unha medida para resolver un evento moi concreto acaecido nun día determinado e cunhas condicións específicas”.   Soraya Salorio lembrou que a explotación de moluscos bivalvos na modalidade de a pé da Confraría de Sada viuse afectada o pasado ano polas chuvias acontecidas a principios do ano, que provocaron a crecida do caudal do río que desemboca no areal e un incremento das materias de orixe vexetal. Diante desta situación, co obxectivo de aumentar a produtividade do banco, delimitouse unha parcela de aproximadamente 300 metros cadrados e procedeuse a remover o substrato por medios mecánicos, trasladando a esa parcela un total de 63 quilogramos de ameixa xaponesa.   Porén, lembrou que a rexeneración completa da Praia das Delicias foi demandada en 2014 polo Goberno municipal do Partido…
Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe na Comisión de Pesca a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita a Goberno galego que, á vista da situación de risco debida á problemática de abrigo que se produce no porto de Corcubión, afonde e axilice os traballos na procura de solucións para paliar esta inseguridade, ofrecendo aos mariñeiros e ás súas embarcacións un refuxio fiable e adecuado.   Teresa Egerique amosou a disposición da Xunta e do PPdeG “a mellorar e adoptar medidas que melloren o abrigo do porto de Corcubión”. Neste sentido, lembrou que desde Portos de Galicia tense elaborado un estudo de axitación interior no porto, unha instrumentación para medidas de ondaxes e a análise dos datos de dita instrumentación, que supuxo un investimento de 52.000 euros.   “Ata o momento, estes estudos non deron resultados concluíntes, polo que desde o  Grupo Popular consideramos que Portos de Galicia debe continuar traballando na procura dunha solución técnica que permita mellorar o abrigo do porto de Corcubión”, sinalou a deputada popular.
Santiago, 22 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita que o Goberno central, en colaboración coa Xunta, proceda ao despregamento de redes de acceso a internet de nova xeración de moi alta velocidade (100 megabytes), empregando os fondos europeos dos que dispoñen ambas administracións, cumprindo os obxectivos europeos de cobertura das redes de nova xeración.
Santiago, 22 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se solicita á Xunta para que dea prioridade á negociación coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co obxecto de acordar uns criterios claros para realizar investimentos en materia de obras hidráulicas e o establecemento dunha estrutura tarifaria de referencia.
Santiago, 22 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que elimine as restricións impostas ás comunidades autónomas mediante as limitacións ás taxas de reposición de prazas no Sistema Nacional de Saúde. Ademais, solicítase que, unha vez eliminada esta taxa de reposición, a Xunta convoque unha OPE no ano 2017 que chegue a 1.600 prazas.
Santiago, 22 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar antes do mes de xullo de 2018 a licitación das obras do Plan de modernización dos regadios da comarca da Limia.
Santiago, 22 de marzo de 2017.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique cualificou hoxe de “irreal” e de “dubidosa rendibilidade para Galicia” a proposta de En Marea para o establecemento do servizo público de dragado portuario. Neste sentido, indicou que desde o PPdeG “seguiremos apoiando un plan de dragaxe conforme ás necesidades dos portos galegos e continuaremos traballando para reducir a tramitación nesas obras, porque consideramos que iso é o que xera os atrasos e non os problemas técnicos”.

Síguenos nas redes sociais