Santiago, 3 de marzo de 2017.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, anunciou que mañá, con motivo do Día Internacional da Muller que se conmemora o 8 de marzo, o partido celebrará unha homenaxe ás mulleres nun acto que terá lugar en Santiago e que levará por nome: "O PPdeG, de igual a igual".
Santiago, 2 de marzo de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou esta mañá os datos de paro de febreiro coñecidos este xoves salientando as caídas nas cifras de desemprego nos colectivos especialmente sensibles, como os parados de longa duración, os mozos e as mulleres. “Son grupos nos que o Goberno galego está a centrar moitos esforzos con políticas activas de emprego pensadas especialmente para eles, e en meses coma este vemos que están a dar un gran resultado”, aseverou.

Síguenos nas redes sociais