Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 12 de xuño de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe como “viaxe importante” e “excelente idea” a visita que o Presidente da Xunta está a facer a China porque “confiamos que funcione ben e se abran novas oportunidades para as exportacións, para incrementar o turismo procedente deste país asiático e para establecer canles institucionais que permitan mellorar as relacións”.
Santiago, 9 de xuño de 2017.- O  Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar un informe que analice as consecuencias da reestruturación bancaria en Galicia, a situación de concentración do mercado bancario e as súas consecuencias para as persoas usuarias de servizos financeiros na Comunidade galega.
Santiago, 9 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se reclaman á Axencia Tributaria que o galego poda ser empregado en Galicia en todos os trámites que se realicen por esta entidade, corrixindo as eivas denunciadas e comprometéndose a revisar periodicamente os procedementos para garantir a súa rápida detección e solución.A deputada popular Sandra Vázquez lembrou que a páxina web da Axencia Tributaria ten a opción de mudar o seu contido a calquera das linguas cooficiais do Estado e apuntou que “recentemente realizou cambios nos seus programas, pero a Xunta de Galicia está en contacto e traballando conxuntamente con ela para que a información estea actualizada á maior brevidade posible”. “A Xunta está a cumprir dentro das súas competencias, e colabora con todas as administracións e entidades para que se poidan facer todas as tramitacións en galego”, apuntou a deputada popular.
Santiago, 8 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, por iniciativa do Grupo Popular, a través da que se solicita ao Concello de Vigo unha solución inmediata aos retrasos na tramitación dos recursos de servizos sociais municipais. A deputada popular Marián García Míguez considerou “dramático” que 63.000 persoas de Vigo teñan un ingreso inferior ao limiar da pobreza e o Concello tarde 181 días en emitir o informe social para a percepción da Risga, cando o tempo que teñen os concellos galegos é de 30 días.
Santiago, 8 de xuño de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que a atención pediátrica do barrio de Novo Mesoiro en A Coruña “está cuberta axeitadamente”. Porén, indicou que o centro de saúde “deste barrio en crecemento está planificado para a atención dunhas 12.000 persoas, en previsión das necesidades de profesionais médicos que poidan xurdir a curto ou medio prazo”.
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei, logo dunha transacción co Grupo Socialista, que considera necesaria a supresión do instituto do aforamento das deputadas e deputados, preservando en todo momento que estas persoas non podan ser perseguidas polas opinións ou votos emitidos no exercicio das súas funcións. Esta posición deberá ser incorporada ao conxunto de reformas do Estatuto de Autonomía de Galicia que no seu momento se aborde. Ademais, ínstase á Xunta a trasladar esta posición aos grupos parlamentarios das Cortes Xerais para que calquera reforma do aforamento dos representantes nas Cámaras lexislativas estatais e autonómicas sexa tratada tamén dentro dun acordo a nivel estatal.
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco criticou hoxe a En Marea por “traer ao Parlamento unha proposta para declarar Pena Trevinca como parque natural sen estar sustentada por un gran consenso, nin ter falado coa xente que está nos concellos implicados, coas corporacións locais ou cos alcaldes e alcaldesas que teñen a capacidade suficiente, e as atribucións legais e políticas, para xestionar os recursos dos seus municipios”.
Santiago, 7 de xuño de 2017.- A deputada popular Raquel Arias asegurou que a preocupación pola situación na que se atopan os refuxiados, que cualificou como un dos maiores problemas que ten Europa, “é un sentimento compartido por todos”, como así se puxo de manifesto xa o pasado mes de abril nunha declaración institucional realizada a este respecto polo Parlamento de Galicia. Neste sentido, lamentou que En Marea rexeitara que o Grupo Popular apoiara a súa iniciativa, xa que negouse a que fora votada por puntos unha vez se aceptou unha emenda do Grupo Socialista.
Santiago, 7 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, defendeu esta mañá no Parlamento que o Ministerio de Fomento que tome as medidas oportunas para evitar atascos na AP-9 e que, en caso de producirse, se minimicen as súas  consecuencias; se garantan as condicións do contrato concesional, en concreto, no referido á calidade do servizo e en materia de persoal; e se abra unha investigación á empresa concesionaria en relación coa calidade do servizo, como paso previo á posible adopción de medidas correctoras ou sancionadoras.

Síguenos nas redes sociais