Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 19 de setembro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que solicita a realización dun estudo xurídico que analice a posibilidade e os mecanismos legais que permitan incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público. Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, tamén avanzou que o Debate sobre o Estado da Autonomía celebrarase os días 4, 5 e 6 de outubro.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017.- O candidato ao X Congreso autonómico de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, presentou esta tarde os avais que formalizan a súa candidatura, un total de 247.
Santiago, 18 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana acollerá o debate para a aprobación do proxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía. Puy salientou que “chega á sesión co 80 por cento do articulado pactado entre todos os grupos parlamentarios” e indicou que “servirá para que a protección dos animais en Galicia sexa unha referencia para o resto de España”.
A Coruña, 15 de setembro 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou este venres na pulpada organizada polo PP de A Coruña na cidade herculina ante máis de 300 simpatizantes, nos que celebrou ver a un partido que “está vivo e ten moitas ganas”.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2017.- O Partido Popular de Galicia ven de publicar o vídeo da conversa mantida entre o presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de honra, Xerardo Fernández Albor.
Santiago, 15 de setembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reprochoulle ao BNG e ás Mareas de Podemos que fosen a Cataluña “a facer turismo de independencia” asegurando que “as fotos de deputados autonómicos con Otegui avergonzan á meirande parte dos galegos”. “Mentiríamos se dixeramos que nos sorprende que ambos grupos se dediquen a facer turismo de independencia e a coller ideas dun proxecto que só busca romper a convivencia do noso país”, engadiu. 
Santiago, 15 de setembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado defendeu esta mañá no Parlamento manter a independencia do Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca) respecto da futura Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), tal e como se recolle no II Plan de avaliación de entidades dependentes da Xunta de Galicia.
Santiago, 15 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que continúe apoiando a expansión dos produtos pesqueiros galegos nos mercados exteriores, mantendo e fortalecendo as medidas de estruturación e competitividade do sector transformador de produtos do mar.
Santiago, 15 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, solicitar tanto á Xunta como ao Goberno central unha simplificación da normativa que afecta ao eido marítimo-pesqueiro. Ademais, demándase a creación dos instrumentos axeitados que permitan a consulta sinxela e por temas específicos de toda a normativa europea, estatal e autonómica en materia pesqueira nun único espazo virtual no que estes textos permanezan constantemente actualizados.

Síguenos nas redes sociais