Santiago, 15 de setembro de 2017.- A deputada popular Raquel Arias salientou hoxe na Comisión de Agricultura do Parlamento que, na loita contra a praga da vespa velutina, a Xunta sempre ten presente a opinión dos investigadores, máxime tras constatarse que esta especie invasora cambia o seu ciclo biolóxico en función das variacións climáticas.
Santiago, 15 de setembro de 2017.- O portavoz do Medio Rural, José González Vázquez, criticou hoxe á oposición “por non recoñecer o traballo serio, rigoroso e constante que levou adiante desde o mes de abril a Xunta de Galicia para facerlle fronte aos danos causados polas xeadas, o pedrazo e a seca no agro galego”.
Santiago, 14 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, por iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a continuar apoiando financeiramente a senda establecida de afianzar a colaboración cos concellos na prestación dos servizos de comedor escolar.
Santiago, 14 de setembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta de Galicia a promover, en colaboración con distintas institucións e entidades culturais, unha programación ampla e diversa de iniciativas que poña de relevo a excepcional importancia do pergamiño Vindel para as culturas galega e universal, e que faga partícipe da presenza desta obra en Vigo ao conxunto da cidadanía.
Santiago, 13 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, defendeu hoxe no Parlamento o ingreso do Pazo de Meirás no patrimonio público, respectando a legalidade vixente. Para acadar este obxectivo, Puy avogou porque a Xunta realice un estudo xurídico, en colaboración coas universidades galegas, que analice a posibilidade e os mecanismos legais para acadar este obxectivo, sen que esta incorporación ao patrimonio público implique un novo custo para o pobo de Galicia, que xa o asumiu no ano 1938.
Santiago, 13 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou esta mañá por unanimidade, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Ministerio de Xustiza, como proposta de mínimos, a creación de todos os xulgados e prazas de maxistrados e maxistradas que se consensúen entre a Xunta de Galicia e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para 2018.
Santiago, 13 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, co apoio do Grupo Popular e o voto en contra de En Marea, PSOE e BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a introducir o cheque-formación, de xeito que as persoas traballadoras desempregadas dispoñan dun crédito de formación, escollan a formación que queren recibir e a entidade na que queren que se imparta.
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, garantiu esta tarde no Parlamento a calidade do ensino no rural galego, tanto a nivel orzamentario como de dotación de servizos e de profesionais, adaptándoo ás características poboacionais do territorio.
Santiago, 12 de setembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, salientou hoxe no Parlamento a “total normalidade” na implementación da primeira fase do novo plan de transporte, “a pesar dos negros presaxios da oposición”. Neste sentido, dixo que se trata dun “plan vivo que a Xunta seguirá mellorando e axustando en continuo diálogo cos axentes implicados, en especial cos concellos que están próximos e coñecen as demandas e necesidades”.

Síguenos nas redes sociais