Santiago, 7 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda de Portos do Estado unha dotación orzamentaria no plan de investimentos para o ano 2018 e seguintes que garantan a execución inmediata das obras de conexión ferroviaria ao porto exterior de A Coruña.
Santiago, 7 de setembro de 2017.- A Comisión 2ª do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía, co que este texto lexislativo queda listo para a súa aprobación definitiva en Pleno. O portavoz de Medio Ambiente, Gonzalo Trenor, salientou que se trata da “lei máis ambiciosa e completa do territorio nacional para loitar contra o abandono e o maltrato animal, fomentar a adopción de animais abandonados e concienciar á cidadanía sobre a tenza responsable de animais”.
Santiago, 7 de setembro 2017.- O PPdeG quere trasladar unha mensaxe de felicitación ao seu presidente de honra, Xerardo Fernández Albor, polo seu aniversario número 100. Para isto, os populares prepararon vídeo (https://youtu.be/Vk-6izKt0cA) que repasa en imaxes a súa traxectoria política e pretende servir como homenaxe ao primeiro presidente da Xunta que tivo o PP en Galicia (Alianza Popular).
Santiago, 5 de setembro de 2017.- O Pleno do Parlamento galego iniciará a vindeira semana a tramitación da proposición de lei, impulsada polo Grupo Popular en colaboración co Goberno galego, para a implantación empresarial en Galicia co debate de totalidade deste texto lexislativo. O portavoz popular, Pedro Puy, tamén avanzou que na mesma sesión plenaria o PPdeG defenderá a introdución do cheque formación en Galicia e solicitar ao Ministerio de Xustiza que, canto antes, estableza o número de xulgados que lle corresponden á Comunidade galega en 2018.
Santiago, 4 de setembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixou esta mañá como “prioridades políticas” para este período de sesións no Parlamento galego a estabilidade institucional, a recuperación da economía e o emprego, e a mellora do Estado de Benestar.
Santiago, 4 de setembro 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos do paro do mes de agosto publicados esta mañá. “Galicia axuda a mellorar os datos de paro do Estado cunha nova baixada no número de desempregados”, asegurou o secretario xeral xa que nos posicionamos como a terceira comunidade autónoma na que máis cae o desemprego intermensual en termos absolutos, tras Canarias e Cantabria.

Síguenos nas redes sociais