Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 17 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co voto favorable dos grupos Popular e socialista, a toma en consideración da proposición de Lei, de iniciativa lexislativa popular, de corresponsabilidade parenteral e de relacións familiares no cese da convivencia.
Santiago, 16 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, subliñou hoxe que “Galicia non arde, quéimana”, polo que manifestou que “os incendiarios non deben quedar impunes”. “Agradecemos e pedimos a colaboración cidadá para denunciar calquera actividade que poida estar relacionada con esta vaga de lumes e confiamos que as forzas de seguridade e a Xustiza traballen para que estes graves delitos, que teñen como consecuencia a ruína e a morte dalgunhas persoas, non queden sen a debida sanción”, indicou.
O PP de Galicia quere amosar unha vez máis o seu recoñecemento a todas as mulleres, que con ilusión, tenacidade, ideas, capacidade, identidade e paixón son un piar fundamental para Galicia.
O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa este venres na que subliñou que “desde o Partido Popular de Galicia cremos que as empresas que queiran instalarse e crear emprego de calidade en Galicia deben ter unha alfombra vermella para facelo” e aconselloulle ás empresas que busquen estabilidade política e económica que escollan a nosa Comunidade porque “van atopala”.
Melide, 11 de Outubro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, participou este mércores nunha visita a Melide xunto coas coordinadoras de Medio Rural e Igualdade, Raquel Arias e Susana López Abella; así coma da conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Rural, que se celebra o 15 de outubro. Alí, previamente á reunión das dúas comisións do partido, puideron visitar unha explotación gandeira rexentada por unha muller.
Santiago, 11 de outubro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, criticou e cualificou de “sorprendente que ao BNG lle moleste que durante o verán, época na que diminúe a afluencia de persoas enfermas a calquera hospital, se realizaran as obras de reparación e mellora na Unidade de Oncoloxía do Complexo Hospitalario de A Coruña”.
Santiago, 11 de outubro de 2017.- O portavoz de Sanidade do  Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou esta mañá no Parlamento que a execución do Plan de estabilidade no emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do SERGAS, xunto coa finalización dos procesos selectivos en marcha con máis de 800 prazas convocadas, vai aumentar en seis puntos a porcentaxe que representa o persoal fixo sobre o total de persoal da sanidade galega, reducindo do 8 ao 5 por cento a porcentaxe de persoal eventual.
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, afirmou hoxe no Parlamento que “a mellor forma de recuperar o rural e loitar contra a despoboación é conseguir que as producións agrogandeiras e forestais xeren produtos co suficiente valor engadido para beneficiar a todos os partícipes no proceso de produción”.
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta e aos concellos costeiros galegos a levar adiante campañas para a erradicación do furtivismo, que prexudica a economía dos profesionais do mar,  a saúde pública pola falta de seguridade alimentaria e agrede aos recursos mariños con danos que poden chegar a ser irreparables.

Síguenos nas redes sociais