Santiago, 14 de novembro de 2017.- A Mesa do Parlamento aprobou esta mañá, a proposta do Grupo Popular, a creación dunha Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada dende 2006 e, especificamente, a extraordinaria vaga de lumes que ven de sufrir Galicia en outubro de 2017.
Santiago, 13 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe porque na Comisión parlamentaria de estudo sobre a política forestal e os incendios forestais, “que mañá proporemos na Xunta de Portavoces, sexamos capaces de facer un plan a longo prazo, asumido por todas as forzas políticas e coa implicación de todas as administracións”.
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a establecer un marco que regule os convenios e protocolos de colaboración intermunicipais de axuda mutua en materia de policía local, así como favorecer as posibles asociacións de concellos para o desempeño mancomunado do servizo de protección civil.
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a utilizar os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para fomentar a diversificación da economía cara actividades agrarias e non agrarias sostibles no medio rural.
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a que inicie o proceso de elaboración dos Plans de Ordenación dos Recursos Forestais (PORF) cun ámbito territorial de distritos, unha vez se remate o proceso de revisión do plan forestal.
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que, no seu afán por facer que a maioría dos galegos note a recuperación, no primeiro ano desta Lexislatura a Xunta "quixo traducir o crecemento económico en benestar para os cidadáns".
Santiago, 10 de novembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega invitou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición, “que tanto critican o eucalipto, a visitar a comarca de A Mariña para comprobar o traballo que aquí se fai con esta especie arbórea, de xeito ordenado, cun monte limpo e creando riqueza e postos de traballo”.
Santiago, 9 de novembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo criticou que “a cerrazón de En Marea privara de que se aprobara no Parlamento unha proposición non de lei demandando á Xunta a construción do novo centro de saúde en Gondomar e que asuma todas as necesidades sanitarias deste concello”.
Santiago, 9 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde unha proposición non de lei, impulsada polo  Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a consolidar o Programa de Atención Farmacéutica nos centros sociosanitarios en Galicia mediante a elaboración dunha Guía Farmacoterapéutica común.

Síguenos nas redes sociais