Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 24 de novembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou que este ano a oposición rachase o consenso contra a violencia machista para intentar desgastar ao Goberno galego. “Cremos que hai temas que merecen altura política e certos partidos neste punto equivocáronse”, subliñou.
Santiago, 23 de novembro de 2017.- O viceportavoz parlamentario do Grupo Popular, Miguel Tellado, reiterou este xoves o compromiso que os populares mantiveron nas últimas décadas co sector da construción naval, e tachou o discurso de En Marea de “insultante” e “froito dun profundo descoñecemento da realidade” da comarca.
Santiago, 23 de novembro de 2017.- A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, afirmou esta tarde no Parlamento que o sector turístico, “polo de agora, non transmitiu incidencias salientables no referido a danos a establecementos nin inquedanzas específicas polo grao en que puidera ter incidido a vaga de incendios”.
Santiago, 23 de novembro de 2017.- A Comisión de Industria e Enerxía do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei de medidas da eficiencia enerxética e garantía de accesibilidade á enerxía eléctrica, co que queda pendente do seu debate en Pleno para a aprobación definitiva e entrada en vigor en 2018.
Santiago, 23 de novembro de 2017.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de portos de Galicia, unha norma “de vital importancia para o futuro do mar, da pesca, da náutica, das vilas mariñeiras e, en definitiva, para o futuro de Galicia e do seus 1.700 quilómetros de costa”, manifestou a deputada do Grupo Popular Teresa Egerique.  
Vigo, 23 de novembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reclamou esta mañá a Abel Caballero que dea a cara e aporte explicacións sobre a situación de conflitividade social xerada na parroquia viguesa de Bembrive, cun alcalde pedáneo inhabilitado cunha sentenza xudicial por prevaricación e de cuxa insumisión é cómplice o rexedor vigués.
Santiago, 22 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a intensificar a colaboración cas entidades locais que integran a rede de concellos en contra da violencia de xénero, de cara a conseguir unha maior efectividade dos recursos e procurar desenvolver conxuntamente accións no ámbito da sensibilización e a prevención; da información sobre os recursos e servizos existentes; da formación, tanto de profesionais como de persoal político; e da asistencia ás vítimas.
Santiago, 22 de novembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, co apoio do PSdeG e co voto en contra de En Marea e BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado que impulse as medidas necesarias para a celebración o 6 de decembro de 2018 do 40 aniversario da Constitución Española de 1978.
Santiago, 21 de novembro de 2017.- O portavoz de Educación do Grupo Popular,  César Fernández, avogou hoxe no Parlamento porque as universidades galegas, “en exercicio da súa competencia e da súa vontade, estuden e decidan a ideoneidade de proceder á modificación dos planos de estudo do máster universitario que habilita para o exercicio da profesión docente co obxectivo de introducir unha materia específica en relación coa loita contra a violencia de xénero”.

Síguenos nas redes sociais