Santiago, 13 de decembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Galicia “autovacinouse de gobernos que prexudican seriamente á saúde ao votar ao PP e a Alberto Núñez Feijóo e non a En Marea”, situándose lonxe de posturas irresponsables como as manifestadas por algúns dirixentes das mareas.
Santiago, 12 de decembro de 2017.- A Comisión 3ª do Parlamento galego aprobou hoxe os ditames do proxecto de Lei de orzamentos xerais de Galicia para 2018 e do proxecto de Lei de acompañamento a estes orzamentos. Deste xeito, ambos textos quedan en disposición de ser debatidos en Pleno para a súa aprobación definitiva.
Santiago, 12 de decembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou a aprobación hoxe no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar o vindeiro ano os traballos de descontaminación das zonas afectadas por lindano no concello de Porriño.
Santiago, 12 de decembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, avogou hoxe por respectar a autonomía das competencias municipais na decisión do Concello de Baiona no caso da tramitación da avaliación ambiental estratéxica do Plan Especial de dotación de infraestruturas As Costeiras. “A Xunta só pode esixir que se cumpra estritamente a normativa ambiental e sectorial desta aplicación e, por suposto, garantir que non existe conflito con intereses do dominio público hidráulico”, apuntou. Martín Fernández asegurou que “o abastecemento á poboación está por enriba de todos os usos, aspecto recollido non só nos plans hidrolóxicos de cada conca, senón tamén na propia Lei de augas”.  INFORME DA XUNTA “En ningún caso se pode ver afectado o abastecemento á poboación por un novo uso que se vaia desenvolver, debendo analizarse previamente ao outorgamento da concesión a existencia de recurso abondo e o posible impacto que a nova actividade pode producir nas masas de auga da conca”, apuntou. Neste sentido, o portavoz popular explicou que a Xunta ten emitido un informe sobre a tramitación da avaliación ambiental estratéxica do Plan especial de dotación de infraestruturas As Costeiras de Baiona no que sinala que debe quedar garantido…
Santiago, 12 de decembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación dunha proposición non de lei no Parlamento a través da que se demanda á Xunta a promover e impulsar formas alternativas de vivenda para as persoas maiores, como o cohousing ou as vivendas con equipamentos colectivos, nas que se fomente o envellecemento activo e se proporcione ás persoas maiores o pleno control sobre os espazos que habitan e o modo en que queren envellecer.
Santiago, 12 de decembro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández, avogou hoxe por “insistir na autovía do novo trazado entre Vigo e O Porriño, cuxo proxecto está redactando o Ministerio de Fomento, porque deste modo darase unha alternativa funcional á autoestrada A-55”.
Santiago, 12 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a implantar medidas deseñadas para a mellora da seguridade viaria dos usuarios máis vulnerables nas estradas autonómicas, como peóns, ciclistas e motoristas, habilitando sendas, instalando sistemas de protección dos motoristas, eliminando obstáculos e promovendo accións de formación e sensibilización.
Santiago, 12 de decembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia “xa está a traballar na mellora da seguridade da estrada PO-308 con actuacións previstas para o vindeiro ano nos concellos de Poio e Sanxenxo”. “Con todas as actuacións previstas, acabarase construíndo un itinerario peonil seguro e continuo desde Pontevedra ata A Lanzada”, apuntou.
Santiago, 5 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a avanzar na conservación e difusión da toponimia tradicional galega, nomeadamente a través dos traballos de xeorreferenciación do nomenclator e microtoponimia, así como o desenvolvemento da aplicación colaborativa para a revisión, corrección e actualización do nomenclator de Galicia.

Síguenos nas redes sociais