Santiago, 5 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a continuar coa transformación dos servizos sanitarios para responder mellor aos requirimentos e expectativas da cidadanía, promovendo a humanización destes servizos nas súas vertentes de capacitación científico-técnica dos profesionais e de aproximación humana ao paciente, digno de respecto e consideración.
Santiago, 5 de decembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco acusou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición de pretender que a Xunta “incumpra a lei” aprobada en tempos do Goberno bipartito respecto do proxecto mineiro de Touro-O Pino, “rexeitando esta actuación sen nin sequera tramitala e avaliala”.
Santiago, 5 de decembro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado salientou hoxe no Parlamento a transparencia coa que a Consellería do Medio Rural está a informar sobre a loita contra a praza da couza guatemalteca. Neste sentido, indicou que, “coa prudencia e cautela que o tema aconsella, mantendo a aplicación das medidas e a garda e vixilancia das mesmas, e sen ser triunfalistas en absoluto, todo apunta a que as medidas adoptadas pola Xunta estanse manifestando eficaces e efectivas na loita contra esta praga”.
Santiago, 5 de decembro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, celebrou hoxe no Parlamento que a oposición asuma as mesmas prioridades que ten a Xunta de Galicia en materia de emprego, ao lembrar que o Goberno galego está a centrar as súas políticas en mellorar as condicións dos traballadores, reducir a fenda salarial por cuestión de xénero ou  incrementar a contratación entre os máis novos, entre outros aspectos.
Santiago, 4 de decembro de 2017.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe no Parlamento que o servizo de emerxencias de Galicia “continúa sendo pioneiro na implantación de programas dirixidos a mellorar a asistencia, sendo observado e imitado polo resto dos servizos de saúde de España”.
Santiago, 4 de decembro de 2017.- O portavoz de Pesca do  Grupo Popular, Carlos López Crespo, defendeu hoxe no Parlamento que “a Xunta respecte a decisión maioritaria dos traballadores e das súas negociacións coa empresa e realice as accións oportunas para evitar o peche de Conservas Esteiro, polos dramáticos efectos que o peche tería sobre o emprego, a economía da comarca do Barbanza e o conxunto do sector conserveiro galego”.
Santiago, 4 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición de lei, de iniciativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética, que “blinda o pago por parte da Administración do 50 por cento do recibo da luz aos fogares con menos recursos, ao tempo que non se lles poderá interromper a subministración”, sinalou a portavoz de Enerxía, Marta Nóvoa.
Santiago, 4 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a primeira Lei de portos de carácter autonómico, que adapta a normativa portuaria ás diversas particularidades dos peiraos galegos. “A creación deste necesario marco lexislativo permitirá aproveitar ao máximo as potencialidades dos nosos portos, a través das súas características, singularidades e especificidades; gozar dunha vantaxe cualitativa para o noso sistema portuario respecto a outros marcos normativos; e ter unha Galicia portuaria máis atractiva”, sinalou a deputada popular Teresa Egerique.
Santiago, 4 de decembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos do paro publicados hoxe, salientando que o emprego indefinido subiu en Galicia por riba do ritmo de subida da media do Estado no mellor novembro dos últimos 20 anos, pois rexistramos o menor incremento do desemprego mensual neste mes en dúas décadas.

Síguenos nas redes sociais