Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 20 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda á Xunta a dotar de modo progresivo de aseos adaptados para pacientes ostomizados en todos os seus edificios, ao tempo que fomente que no resto de infraestruturas, tanto públicas como privadas, se poidan dispoñer deste tipo de baños.
Santiago, 20 de decembro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Comisión Mixta Ministerio de Fomento-Xunta de Galicia para a xestión da AP-9 a que estude posibles fórmulas para a supresión da peaxe na Ponte de Rande no tramo Vigo-Redondela.
Santiago, 20 de decembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou este mércores no Parlamento unha iniciativa para instar á empresa Ferroglobe a que aposte por Galicia para potenciar o ciclo de produción de silicio solar en todas as súas fases.
Santiago, 19 de decembro de 2017.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández Gil, afirmou hoxe no debate no Pleno do Parlamento da iniciativa lexislativa popular de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico que “o establecemento de novas obrigas pola vía normativa, coa correspondente posibilidade de infraccións e sancións e a necesidade de incorrer en novos custos que non todas as empresas estarían en condicións de asumir, podería favorecer o efecto contrario ao desexado e entender como unha obriga formal a utilización do galego”.
Santiago, 19 de decembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, coa abstención de todos os grupos da oposición, a Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas, “unha boa lei, razoable e froito do diálogo, que recolle aportacións de todo o sector e na que o 70 por cento do articulado conta co aval da oposición”, concretou o deputado popular Alberto Pazos.
Santiago, 19 de decembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou esta tarde a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos orzamentos da Xunta para 2018. A viceportavoz popular, Paula Prado, salientou as transaccións acordadas para a modificación da Lei de prevención e defensa dos incendios forestais e felicitouse “porque fomos quen de consensuar cuestións fundamentais para o futuro forestal de Galicia”.
Santiago, 19 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “apoiamos a aprobación dos orzamentos da Xunta para 2018 porque responden ás necesidades de Galicia e son coherentes para cumprir o que recollemos no noso programa electoral”.  
Santiago, 18 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o Parlamento galego aprobará mañá, “por terceiro ano consecutivo, uns orzamentos expansivos da Xunta de Galicia, dotados con 9487 millóns de euros de gasto non financeiro que poderemos dedicar a gasto social e a máis investimento produtivo, ao tempo que mantemos unha presión fiscal progresiva pero máis reducida”.
Santiago, 17 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “frutífero” o debate xeral dos orzamentos da Xunta para 2018, que o vindeiro martes serán debatidos para a súa aprobación definitiva polo Pleno do Parlamento. Nunha entrevista na Cadena SER, Puy indicou que no Partido Popular “estamos abertos a reformas da Constitución” sempre “que haxa consenso”, porque “a idea é que sexa un marco que todos aceptemos como regras de xogo”.

Síguenos nas redes sociais