Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou hoxe no Parlamento que “a Xunta fai un seguimento exhaustivo todas as semanas das actuacións do Goberno do Estado en Galicia, a fin de garantir os investimentos estatais na Comunidade galega”.
Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, concretou hoxe que “case 1.300 persoas se teñen beneficiado da aplicación da Lei de garantías de prestacións sanitarias, e só a 79 foille ofertado a realización da proba ou a intervención noutro centro sanitario do Sergas”.
Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira acusou hoxe a En Marea de pretender derrogar a lei 1/2012 de medidas temporais en determinadas materias de emprego público “que permitiu facer fronte á crise económica e reducir o déficit público para conseguir unha situación de equilibrio sen menoscabar a prestación dos servizos públicos esenciais”.
Santiago, 20 de febreiro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Conta Xeral da Xunta de 2015. Así mesmo, aprobáronse as resolucións do Grupo Popular, a consecuencia dos informes de fiscalización, para que Galicia continúe a ser unha das comunidades autónomas con maior esforzo inversor, completar a redución da débeda dos entes públicos, seguir reducindo o déficit público e incrementar a transparencia.
Santiago, 19 de febreiro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe que o PPdeG defenderá no Pleno que a Xunta a presente o  balance do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, ao tempo que elabore o IV Plan para os anos 2018-2021. Así mesmo, pedirá que  inclúa a construción modular de vivendas dentro do seu programa de vivenda de promoción pública.
Santiago, 19 de febreiro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular,  Pedro Puy, salientou hoxe “a responsabilidade, visión de Estado e defensa dos intereses de Galicia” que presiden as reunións que o Presidente da Xunta está a celebrar con outros presidentes de comunidades autónomas para abordar a reforma do financiamento autonómico.
Santiago, 17 de febreiro de 2018.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta mañá que, tralos resultados de 2015, os populares captaron a mensaxe dos galegos, gañaron en 2016 co case o 48% dos votos e demostrarán en 2019 que serán a única esperanza para lograr ter gobernos sólidos e estables.
Santiago, 16 de febreiro de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, apuntou esta mañá que o BNG propón un cambio da Lei electoral para converter os seus cada vez menos votos en máis escanos, despois de moito tempo celebrando os seus peores resultados en décadas.
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez demandou hoxe no Parlamento que a Xunta remate o Plan de mellora do Hospital comarcal de Monforte, para definir as súas necesidades e planificar a súa execución. Rodríguez salientou que “desde o ano 2012 lévanse investidos neste hospital comarcal máis de un millón de euros, tempo no que tamén se realizaron cerca de 10.500 actos asistenciais por facultativos do Hospital Lucus Augusti de Lugo evitando desprazamentos dos pacientes á capital lucense”.

Síguenos nas redes sociais