Pontevedra, 15 de febreiro 2018.- O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, denunciou hoxe nunha rolda de prensa en Pontevedra que o alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, xa “non é capaz de diferenciar a Casa do Concello da sede do BNG”.
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Parlamento que a Xunta delimite a zona con máis posibilidades de supoñer un risco de exposición crónica ao lindano á poboación residente de Porriño e Mos, realizar unha avaliación deste risco coas analíticas ou probas que a evidencia científica considere indicadas nestes casos, e ofertar un seguimento da evolución dos mesmos no tempo ata a súa normalización.
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a promover a instalación nos edificios públicos da súa competencia de cambiadores de bebé en localizacións unisex, co fin de que podan utilizarse tanto por parte dos pais como das nais.
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou  hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a iniciar os traballos para a elaboración dunha nova Lei de xogo que substitúa a normativa en vigor e actualice os seus preceptos recollendo as necesidades da sociedade dos nosos días, mantendo os imprescindibles controis que corresponden á Administración e na procura da consecución dunha conciencia xeral do que se entende como xogo responsable.
Santiago, 14 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular trasladou hoxe, a través do seu portavoz, Pedro Puy, as condolencias aos responsables de UXT en Galicia polo pasamento do que fora o seu secretario xeral Jesús Mosquera.
Santiago, 13 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a incluír a construción modular de vivendas dentro do seu programa de vivenda de promoción pública. Así mesmo, pedirá ao Goberno galego que presente neste primeiro cuadrimestre de 2018 o balance de execución do III Plan director da cooperación galega 2014-2017 e elabore o IV plan para os anos 2018-2021.
Santiago, 12 de febreiro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe a previsión de que no Pleno da vindeira semana se aproben as recomendacións ao Plan de Traballo do Consello de Contas para 2018, entre as que figura a solicitude para que fiscalice os criterios que seguen as deputacións provinciais para o reparto dos recursos dos plans provinciais entre os concellos, así como a eficiencia do gasto e o seu peso relativo nos orzamentos.
Santiago, 9 de febreiro de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, anunciou que a vindeira semana o PPdeG celebrará a xornada de traballo "Facendo Galicia desde os concellos" á que estarán convidados alcaldes e concelleiros de toda a Comunidade e que avanzará na política de proximidade coa vista posta nos comicios municipais de 2019. Alí todos escoitarán como compañeiros do partido comparten experiencias de éxito no eido local, de vitorias, pero tamén sobre como facer un traballo duro e moitas veces ingrato que é o de estar na oposición.   A xornada, que será clausurada polo presidente Alberto Núñez Feijóo, estará estruturada en varias mesas redondas, nas que se darán cita representantes das catro provincias, tanto das cidades como de vilas intermedias e pequenos concellos, e que se atopan hoxe no goberno e na oposición. “En definitiva, exemplos todos dunha forma de facer política moi nosa e moi característica deste partido: que é a política de proximidade e a que se atopa máis preocupada polos problemas dos veciños”, engadiu Tellado.   Os populares levan tempo realizando un intenso labor de cara ás vindeiras municipais, de fortalecemento interno das estruturas e de renovación a nivel local; así como…
Santiago, 8 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular  Carlos Gómez Salgado reiterou hoxe no Parlamento o compromiso co Ateneo de Ourense para cederlle un espazo no edificio da rúa Concello número 11 da cidade ourensá. Porén, evitou poñer prazos a esta cesión porque “a Xunta non sabe cando vai recibir a nova biblioteca no edificio de San Francisco nin tampouco se a Administración central vai ceder o edificio da rúa do Concello número 11, paso previo para calquera plantexamento de uso deste inmoble”.

Síguenos nas redes sociais