Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 8 de febreiro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, criticou hoxe que a oposición “estea a falar de masificación no ensino galego, cando a Galicia ten ratios de alumno/profesor e alumno/aula máis baixos que a media de España”.
Santiago, 8 de febreiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular María Antón avogou hoxe pola “prudencia e que sexa a propiedade das pías bautismais medievais pertencentes á igrexa de San Xián de Moraime a que decida os pasos que quere dar con respecto a reclamar aos herdeiros da familia Franco a súa devolución”.
Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, cos votos en contra de todos os grupos da oposición, a través da que se amosa o apoio á figura da prisión permanente revisable e se insta aos grupos parlamentarios do Congreso dos Deputados a que reconsideren a súa postura sobre a derrogación desta figura penal.
Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, coa única abstención de En Marea, a través da que se solicita do Goberno central que nos casos de herdanzas ou doazóns con residentes en países que non pertenzan á Unión Europea se tribute no imposto de sucesións e doazóns de acordo coa normativa da Comunidade galega e non a estatal. Así mesmo, demándase a cesión ás comunidades autónomas do rendemento deste imposto, comprendendo tamén a delegación das competencias de xestión, recadación, inspección e revisión correspondentes.
Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Pleno do Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central una equiparación das políticas e modalidades tarifarias en todo o territorio galego, para evitar a actual evidente situación de discriminación que se dá en función do lugar de residencia de galegos e galegas. Ademais, solicítase ao Goberno central unha ampliación das frecuencias horarias desde Ourense en función da demanda para mellorar a comunicación con Compostela e A Coruña. A iniciativa aprobada, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, incorpora a demanda para que se reformulen os termos e condicións dos bonos de transporte Abono Tarxeta Plus, Tarxeta Plus 10 e Tarxeta Plus 10 Estudantes para aumentar o período de uso que rexe a partir da data da primeira formalización da reserva, de forma que se poida empregar en máis tempo que na actualidade. A deputada do Grupo Popular Marta Nóvoa salientou que “a cidadanía galega está contenta e quere o AVE, e non coñezo a ninguén da provincia de Ourense que non apoie esta infraestrutura”. “Con todo, a e pasar de que se trata dunha competencia…
Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, afirmou hoxe no Parlamento que a Consellería de Educación “organiza a actividade dos centros educativos tendo en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable de recursos”.
Santiago, 7 de febreiro de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González, afirmou hoxe que “a Xunta leva investido case 680.000 euros na loita contra a avespa e o cancro do castiñeiro en Galicia. “Necesitamos que o sector agrario fortaleza a súa estrutura como mecanismo que lle permita loitar contra estes fenómenos climatolóxicos adversos, así como unha  maior profesionalización para que as explotacións poidan ter unha rendibilidade que lles permita asegurar o seu futuro”, sinalou.
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco Paradelo pediu hoxe “tranquilidade” aos veciños de Touro e O Pino respecto do proxecto mineiro que afecta a estes concellos porque “o Goberno galego só o autorizará no caso de que cumpra con todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas requiridas, que son as propias dun estado comprometido co medio ambiente e o desenvolvemento sostible”.
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou que o BNG rexeitara hoxe un acordo no Parlamento a través do que se solicita ao Ministerio de Fomento a realización dunha auditoría xeral sobre o servizo que presta a concesionaria da autoestrada AP-9 e as queixas das persoas usuarias.

Síguenos nas redes sociais