Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Jacobo Moreira, criticou que os socialistas galegos “racharan hoxe no Parlamento os acordos unánimes acadados sobre as reivindicacións dos funcionarios da Administración de Xustiza, que a Xunta xa está a cumprir en boa medida e sobre os que mantén abertas vías de diálogo cos representantes sindicais”.
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, contrapuxo hoxe as políticas sociais da Xunta fronte aos concellos gobernados por socialistas, En Marea ou BNG. Deste xeito, salientou que, “mentres a Consellería de  Política Social supera os 700 millóns de euros de orzamento, logo dun incremento de 293 millóns nos últimos cinco anos, os concellos de Santiago, Vigo e Pontevedra lideran o ránking de municipios oficialmente pobres en servizos sociais”.
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos Couñago criticou hoxe que o grupo socialista “trouxera hoxe ao Pleno do Parlamento unha proposición de lei para a creación dun fondo de participación  dos concellos nos tributos autonómicos que xa existe desde hai 15 anos”.
Santiago, 6 de febreiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou no Parlamento que a reforma da Lei de saúde de Galicia, que hoxe iniciou a súa tramitación parlamentaria, “favorecerá o achegamento da asistencia aos hospitais comarcais” e acusou á oposición de “poñer en risco a supervivencia destes centros, diante da dificultade coñecida que hai a día de hoxe para cubrir prazas nos mesmos e a continua rotación e vacantes de profesionais que se producen”.
Santiago, 5 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana o apoio á figura penal da prisión permanente revisable para “garantir que as persoas que cometen determinados delitos abominables non se reincorporen á sociedade ata que estean completamente rehabilitados”, sinalou o portavoz Pedro Puy. Así mesmo, sinalou que iniciarase a tramitación parlamentaria da reforma da Lei de saúde de Galicia, unha norma que busca “mellorar o sistema de organización mantendo o esforzo orzamentario para unha sanidade galega boa e pública”.
Ourense, 3 de febreiro de 2018.- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, participou este sábado na clausura da Escola de Formación organizada polas Novas Xeracións da cidade de Ourense. Alí, pediulle á organización xuvenil que traballe “desde o inconformismo, a rebeldía e a ilusión por construír un proxecto político que realmente vale a pena”; e á mocidade en xeral que se erixa en “motor de cambio” para recuperar valores sociais beneficiosos como a liberdade, o esforzo e a capacidade de superación das dificultades.
Ourense, 2 de febreiro de 2018.- O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou este venres na apertura da Escola de Formación de Novas Xeracións da cidade de Ourense, onde subliñou que a mocidade ten “a oportunidade e a responsabilidade de devolver a confianza na política”.
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe “a actitude que está a ter o comité de folga do persoal de Xustiza ao centrar unicamente as súas demandas nunha suba salarial do 12 ao 16 por cento, totalmente inasumible para a Xunta, e facendo caso omiso das novas propostas postas enriba da mesa de negociación, como a ampliación do permiso de paternidade e maternidade, ou as melloras en materia de violencia de xénero”.
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento a mellora do estado do firme da N-540 na provincia de Lugo, concretamente nos tramos que o precisen entre Guntín e Taboada e entre Taboada e A Barrela. En concreto, a iniciativa recolle os tramos de Guntín a Ventas de Narón e a variante de Chantada.

Síguenos nas redes sociais