Santiago, 1 de febreiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique criticou hoxe que “Vigo segue podre e oxidado por debaixo”, polo que defendeu no Parlamento que o Concello acometa, no marco das súas competencias, as obras de mellora na rede de abastecemento de auga, así como as de ampliación e mellora da estación depuradora do Casal.
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a consensuar coa Fegamp o alcance do Plan Básico Autonómico e aprobalo coa maior celeridade posible de xeito que permita aos concellos que aínda non teñen planeamento urbanístico aprobado redactar o seu plan básico municipal.
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se esixe ao Goberno central unha equiparación das políticas e modalidades tarifarias no transporte ferroviario en todo o territorio galego, así como unha ampliación das frecuencias horarias desde Ourense para mellorar a comunicación con Compostela e A Coruña.
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia para colaborar co Concello de Corcubión adopte o seu  plan especial á lexislación vixente.
Santiago, 1 de febreiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Aurelio Núñez criticou hoxe no Parlamento a incongruencia do BNG ao apoiar no Parlamento unha proposición non de lei a través da que se pide que a Demarcación de Costas do Estado adopte medidas urxentes de consolidación de noiros no viario Santa Mariña que bordea a praia de Razo, cando o grupo municipal nacionalista rexeitou no Concello de Carballo unha iniciativa idéntica nun Pleno celebrado no mes de xuño de 2016.

Síguenos nas redes sociais