Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 9 de marzo de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, avanzou que o PPdeG explorará a súa canteira en busca de novos talentos no seu II Torneo de Debate, un evento no que se darán cita un cento de participantes e que clausurará o domingo a vicesecretaria de Estudos e Programas, Andrea Levy.
Valencia, 9 de marzo de 2018.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta mañá que é necesario seguir reivindicando a participación activa e leal das comunidades no proceso de construción europea.
Santiago, 9 de marzo de 2018.- A Comisión de Sanidade do Parlamento galego aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de modificación da Lei de saúde de Galicia, paso previo á súa aprobación definitiva en Pleno. O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, incidiu que o novo texto lexislativo “blinda a existencia dos hospitais comarcais coa creación de distritos sanitarios, consolidándoos como servizo sanitario de futuro en cada unha das súas zonas xeográficas”.
Santiago, 8 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda o reforzo por parte da Unión Europea dunha gobernanza global das poboacións pesqueiras ante organismos internacionais como a ONU, a FAO ou a OMC.
Santiago, 8 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a buscar aliados na defensa dos intereses pesqueiros galegos para abordar os noso retos que xorden co Brexit, plasmando no eido europeo as informacións emanadas do grupo de traballo no seo do Consello Galego de Pesca para analizar cada paso que o proceso vaia dando.
Santiago, 7 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, coa abstención de En Marea, PSOE e BNG, a través da que se demanda á Xunta diversas actuacións para avanzar na igualdade de xénero. Porén, a viceportavoz Paula Prado criticou que “a oposición rexeitaran a proposta realizada polo PPdeG, que recollía as liñas xerais das catro proposicións non de lei dos grupos parlamentarios, para acadar un acordo conxunto sobre políticas de igualdade entre homes e mulleres”.
Santiago, 7 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a mellorar e ampliar o programa galego de pacientes polimedicados para garantir unha prevención, detección e resolución dos problemas cos medicamentos de forma proactiva, integral e máis efectiva, a través da posta en marcha de estratexias de xestión, da mellora da formación dos profesionais e da implicación dun maior número deles para darlle continuidade asistencial a este tipo de pacientes. Rodríguez-Vispo indicou que “nas últimas décadas estamos asistindo a un envellecemento progresivo da poboación e unha das consecuencias inmediatas é o rápido aumento de pacientes con múltiples enfermidades crónicas e o aumento do uso dos medicamentos”. “Esta situación é particularmente importante en Galicia, xa que presenta unha poboación máis envellecida e con maior prevalencia de enfermidades crónicas que a media nacional”, apuntou. “A polimedicación ten importantes implicacións non só na eficacia terapéutica, senón tamén na propia seguridade do paciente”, afirmou a deputada popular. Por este motivo, considerou “importante levar a cabo unha revisión sistemática e periódica da medicación neste tipo de pacientes”, polo que avogou pola “elaboración dun protocolo para…
Santiago, 7 de marzo de 2018.- A portavoz de Igualdade do  Grupo Popular, Marián García Míguez, avogou hoxe porque “o fomento da igualdade ten que facerse desde a educación, desde un punto de vista amplo e que abrangue ás familias, os medios de comunicación, o sistema sanitario, a xustiza ou as administracións”.
Santiago, 6 de marzo de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco reiterou hoxe no Parlamento que o proxecto mineiro de Touro-O Pino “só recibirá autorización da Xunta cando quede totalmente garantido o cumprimento das normativas urbanísticas, medioambientais e técnicas”. Así mesmo, “e para absoluta tranquilidade dos grupos da oposición, o Goberno galego tramitará este proxecto conforme á Lei de minería de Galicia do ano 2008, a lei que PSOE e BNG promoveron, aprobaron e utilizaron cando gobernaban en Galicia”.

Síguenos nas redes sociais