Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 23 de marzo de 2018.- A deputada do Grupo Popular Maribel Novo subliñou hoxe no Parlamento que “a mellora da calidade democrática é un dos obxectivos da política de goberno do Partido Popular”. Así, avogou por actuar “con prudencia e rigor” e esperar á regulación sobre os lobbies que se está a tramitar no Congreso dos Deputados antes de lexislar en Galicia.
Santiago, 23 de marzo de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, valorou os escenarios posibles tralo altercado protagonizado pola deputada de En Marea, Paula Quinteiro, coa Policía Local de Santiago e posterior reacción do seu partido, asegurando que “pase o que pase, cremos que estamos ante a crónica dun Grupo Mixto anunciado”.
Santiago, 22 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe a “dobre covardía” de En Marea en relación coa situación que vive a deputada Paula Quinteiro: “dunha parte, negándose a dimitir, a pesar do clamor dos seus compañeiros que lle piden que deixe o Parlamento; e doutra parte, a do portavoz do grupo parlamentario, Luis Villares, que non se pronuncia sobre se respalda a actuación da deputada ou lle pide a súa dimisión”.
Santiago, 21 de marzo de 2018.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, defendeu hoxe que a tramitación parlamentaria do novo Plan Forestal se faga no seo da Comisión de Estudio creada ao efecto e de acordo co seu plan de traballo. “Nese marco é onde, coas aportacións de todos os grupos parlamentarios e dos comparecentes, poderemos configurar un acordo de pais para acadar un modelo de monte multifuncional, vivo, sustentable e que proporcione rendibilidade económica aos seus propietarios, e tamén rendibilidade o conxunto da cidadanía galega”, apuntou.
Santiago, 21 de marzo de 2018.- A deputada do  Grupo Popular María Antón Vilasánchez avogou hoxe no Parlamento por “deixar traballar á Comisión de expertos para elaborar un estudo xurídico co obxectivo de incorporar ao patrimonio público a propiedade do Pazo de Meirás, respectando os seus tempos, facilitando a súa labor e apoiando as súas conclusións por parte de todos os membros da Cámara galega”.
Santiago, 21 de marzo de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, asegurou hoxe que a Xunta “xa ten en marcha unha estratexia a curto, medio e longo prazo para a mellora das infraestruturas viarias entre Ferrol e Ribadeo, coordinada e falada cos concellos e a cidadanía”. Neste sentido, criticou que a iniciativa defendida polos socialistas hoxe no Parlamento “vai en contra das peticións dos propios concellos, incluso os que gobernan vostedes”.
Santiago, 21 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que permita os concellos utilizar os remanentes de tesourería positivos para a devolución do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, coñecido como plusvalía municipal, indebidamente cobrado a máis de 20.000 galegos. “Desde o PPdeG defenderemos sempre a correcta aplicación da normativa tributaria, tamén naqueles casos nos que quen debe devolver o indebidamente cobrado é o ente recadador, neste caso os concellos”, indicou o portavoz de Facenda, José González Vázquez.
Santiago, 21 de marzo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita aos grupos parlamentarios nas Cortes Xerais para que contribúan a facilitar a tramitación, o debate e a aprobación en prazo dos orzamentos xerais do Estado para 2018. O portavoz popular, Pedro Puy, afirmou que “sería positivo que se aprobaran as contas xerais para a estabilidade política, beneficiaría a Galicia e por razóns democráticas”.
Santiago, 21 de marzo de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, pediu explicacións ao portavoz parlamentario de En Marea, Luis Villares, sobre o altercado protagonizado pola súa deputada, Paula Quinteiro, coa Policía Local de Santiago o pasado fin de semana. “Queremos saber se Villares respalda ou reproba o comportamento dunha deputada do seu grupo que se viu involucrada nun episodio de utilización da violencia na rúa”, manifestou.

Síguenos nas redes sociais