Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 25 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento aproveitar o desenvolvemento da 2ª fase do Plan de Transporte Público de Galicia que está a levar a cabo a Xunta para estudar a viabilidade de estender a gratuidade do transporte público interurbano para os menores de 19 anos, contando para iso coa colaboración e implicación técnica e económica das deputacións provinciais.
Santiago, 24 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta dote ás urxencias dos centros hospitalarios do SERGAS dos medios materiais e humanos necesarios para a correcta atención das persoas usuarias, así como dos reforzos precisos de persoal en circunstancias de incremento da demanda, de acordo cos respectivos plans de continxencia.
Santiago, 24 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do  Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Parlamento que a licitación de servizos concertados na área sanitaria de A Coruña “é necesaria para unha correcta asistencia á cidadanía e axústase totalmente ás leis en vigor”. Neste sentido, engadiu que este tipo de contratacións “utilízanse en todas as administracións autonómicas, incluso para temas moito máis sensibles para as persoas como o cribado de cancro ou as resonancias”.
Santiago, 24 de abril de 2018.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado instou este martes no Pleno do Parlamento galego aos grupos da oposición a que apoien os Orzamentos Xerais do Estado no Congreso, xa que isto serviría para subir as pensións de 500.000 galegos. “A súa proposición de lei é unha trampa, posto que se saíse adiante poderían subir as pensións dentro de dous anos, cando remate o trámite”, sinalou, para contrapoñer que “aprobando as contas do Estado, poderían subir o mes que vén”.
Santiago, 24 de abril de 2018.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, acusou hoxe ao BNG de traer ao Parlamento unha proposición de lei sobre o sector eléctrico “cargada de demagoxia, de irresponsabilidade, de insolidariedade e, incluso, de falta de constitucionalidade”. Ademais, manifestou que “pretenden beneficiar aos consumidores que poden pagarse unhas instalacións de autoconsumo, inalcanzables para as persoas con menos recursos, e que estes consumidores beneficiados non paguen unha importante parte da súa factura, que será repercutida aos que non se poden permitir o luxo de autoconsumir”.
Santiago, 23 de abril de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana a posta en marcha da tarxeta social universal, unha ferramenta que “vai incrementar a capacidade de axudar a quen realmente o necesita e a eficiencia do conxunto de axudas que dan as administracións”, sinalou o portavoz popular Pedro Puy.
Santiago, 21 de abril de 2018.- O Grupo Popular vén de presentar unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta que dea prioridade nas axudas públicas e na cesión dos montes veciñais en grave estado de abandono a aquelas comunidades de montes que cumpran a totalidade das súas obrigas legais e dispoñan dun instrumento de ordenación ou xestión forestal para os seus montes.
Santiago, 20 de abril de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dun acordo entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se demanda á Xunta que impulse e financie maioritariamente un plan de actuación de xestión da biomasa en faixas secundarias, é dicir, nas proximidades das vivendas e núcleos de poboación. Neste sentido, neste plan priorizarase que os propietarios realicen a limpeza dos montes sen que o seu coste exceda do que se estima un prezo xusto e se incidirá nas parroquias de alta actividade incendiaria.
Santiago, 20 de abril de 2018.- A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, comparecerá no Parlamento galego para informar sobre a situación relacionada coa couza guatemalteca da pataca, logo de que esta mañá rexistrara unha solicitude de comparecencia a petición propia e de que na Comisión 7ª tamén se aprobara por unanimidade que a Xunta informe sobre o avance desta praga e as medidas que se van tomar a fin de erradicala.

Síguenos nas redes sociais