O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo asegurou, esta mañá, que “mentres outros partidos practican con esmero a eliminación xeracional, no PPdeG preferimos o relevo xeracional”. E é que tal e como apuntou o presidente dos populares galegos, ser “unha ponte entre xeracións é a única maneira de garantir que este partido sexa o que máis se parece a Galicia durante moitas décadas máis”.
O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que “tanto o goberno provincial de Lugo como o goberno municipal de Ferrol son a zona cero da inestabilidade e dos gobernos contra a vontade maioritaria dos cidadáns”, xa que amosaron a súa incapacidade para chegar a acordos cos seus socios e para manter a unidade dos seus propios partidos.
Santiago, 12 de abril de 2018.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento galego unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta a impulsar, desde o Padroado da Fundación dos Ferrocarrís de Galicia, a inclusión do Museo do Ferrocarril de Galicia, sito en Monforte de Lemos, na Rede de Museos de Galicia.
Santiago, 12 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do  Grupo Popular, Aurelio Núñez, defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta dote ao servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago dos medios materiais e humanos necesarios para a correcta atención das persoas usuarias, así como dos reforzos precisos de persoal en circunstancias de incremento da demanda.
Santiago, 12 de abril de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo demandou hoxe no Parlamento que o Concello de Poio dea cumprimento a todos os compromisos administrativos e orzamentarios asumidos no convenio asinado en setembro de 2016 co Servizo Galego de Saúde para a execución das obras de ampliación e reforma do centro de saúde de Anafáns, co fin de que, unha vez dados eses pasos, o SERGAS poida proceder á realización das actuacións necesarias.
Santiago, 12 de abril de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe a “coherencia” amosada polo PPdeG na Comisión 5ª do Parlamento ao apoiar unha iniciativa do Grupo Socialista a través da que se solicita á Xunta a modificación da Lei do xogo de Galicia, “unha demanda que xa foi aprobada hai menos de dous meses a través dunha iniciativa do PPdeG, que naquela ocasión contou coa abstención dos socialistas”.
Santiago, 12 de abril de 2018.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar, antes de 2020, a dotación no Concello da Estrada de prazas públicas en  residencias  de maiores,  suficientes  para  acoller  a  demanda  presente  e  no  inmediato  futuro  na  comarca  de  Tabeirós-Terra de Montes.
Santiago, 12 de abril de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez, criticou hoxe que “os socialistas racharan o acordo unánime aprobado polo Pleno do Parlamento demandando ao Goberno central a ampliación do lista de enfermidades consideradas raras, co único obxectivo de intentar ganar un puñado de votos”.

Síguenos nas redes sociais