Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 5 de abril de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Moisés Rodríguez, asegurou hoxe no Parlamento que o proxecto final do tramo Goián-PO-350 da vía de alta capacidade Tui-A Guarda “será o que presente unha maior viabilidade económica, unha mellor vertebración do territorio e, fundamentalmente, cause un menor impacto ambiental”.
Santiago, 5 de abril de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei conxunta de todos os grupos parlamentarios a través da que se demanda ao Goberno central diversas actuacións de mellora da estrada N-550, atendendo a solicitude realizada pola asociación Pedaladas.
Santiago, 5 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento que o Concello de Vilaboa “centre os seus esforzos na aprobación do Plan Xeral que ordene o municipio e dea a seguridade xurídica desexada por todos”.
Santiago, 5 de abril de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central para que aprobe, o máis pronto posible, unha modificación do Código Técnico da Edificación que introduza medidas para a prevención e protección das persoas fronte á exposición a gas radón no interior dos edificios.
Santiago, 5 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da qeu se demanda que a Xunta siga traballando na sinalización e promoción da ruta Eurovelo 3 en Galicia, impulsando deste xeito a extensión desta ruta de bicicletas pola costa galega.
Santiago, 5 de abril de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou hoxe que a deputada socialista Noela Blanco demande agora no Parlamento a mellora do transporte público entre Ribadavia e Ourense, cando o alcalde socialista desta localidade desentendeuse de cumprimentar a enquisa coas demandas de transporte público de autobuses, “cuestión que tiveron que facer desde o Grupo Popular para que se mellorara a comunicación por estrada coa capital da provincia”.
Santiago, 4 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta de Galicia a impulsar a celebración de cimeiras entre Galicia e Portugal en asuntos sectoriais de interese para ambas partes e de carácter transfronteirizo.
Santiago, 3 de abril de 2018.- O deputado do PP e presidente da Comisión de Fomento no Congreso, Celso Delgado, valorou positivamente os Orzamentos Xerais do Estado presentados esta mañá, unhas contas nas que sube a inversión en Galicia e garanten a chegada das infraestruturas pendentes para a nosa Comunidade.
Santiago, 3 de abril de 2018.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que promova as reformas legais oportunas para que poida exercer a acción penal nos xuízos por delitos de discriminación derivada ou por razón de maternidade.

Síguenos nas redes sociais