Santiago, 22 de maio de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe no Pleno do Parlamento que o actual Goberno galego “foi quen de situarse ao lado dos concellos e, a pesar da baixada de recadación na Comunidade autónoma, incrementou o Fondo de Cooperación Local en 6 millóns de euros respecto a 2008”.
Santiago, 22 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a abordar, antes do remate de 2018, coas deputacións e concellos os criterios de aplicación do artigo 137 do Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Santiago, 22 de maio de 2018. O viceportavoz do Grupo Popular no Parlamento galego, Miguel Tellado, subliñou este martes no Parlamento que a saúde dos traballadores galegos é unha cuestión “absolutamente prioritaria” tanto para o Goberno galego, coma para a maioría na Cámara que o sustenta. Neste sentido, lembrou que o Orzamento do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) incrementouse no último exercicio un 3 por cento e prevese que siga aumentando de cara aos vindeiros.
Santiago, 16 de maio de 2018. O Parlamento galego aprobou  hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central que implante, á maior brevidade posible, algunha medida de vantaxe fiscal para as persoas con enfermidade celíaca e erros innatos do metabolismo. En concreto, a iniciativa propón rebaixar o IVE actual a todos os alimentos e produtos dietéticos destinados a estas persoas, pero tamén valorar calquera das alternativas expostas no estudo elaborado pola institución do Defensor del Pueblo.
Santiago, 16 de maio de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar un estudio dos costes reais do exercicio das competencias delegadas nas federacións deportivas galegas, que permita adecuar a financiación destes costes á súa realidade, valorando na medida do posible establecer marcos plurianuais de financiamento que faciliten a confección de orzamentos reais ás federacións deportivas.
Santiago, 22 de maio de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, considerou hoxe no Parlamento que “sería un erro a desaparición da marca Banco Popular-Pastor, pero a decisión final debe tomala o seu propietario: o Banco Santander”.
Santiago, 16 de maio de 2018. O Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana unha proposición non de lei para que a Xunta impulse medidas e accións de recoñecemento para aquelas empresas que colaboran e participan no desenvolvemento da FP. Así mesmo, demandará avanzar na realización dunha nova variante no concello de Ribeira.
Santiago, 21 de maio de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, trasladou hoxe á familia, amigos e veciños de Outes o pesar deste grupo parlamentario polo pasamento do deputado Carlos López Crespo.
Santiago, 11 de maio de 2018. O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se demanda que a Xunta de Galicia intensifique os labores de vixilancia contra o furtivismo na pesca e o marisqueo a través de inspeccións en puntos de venda e en establecementos de hostalería, especialmente nos eidos da comercialización e da restauración e coincidindo con datas festivas nas cales os produtos acadan maior prezo no mercado.

Síguenos nas redes sociais