6, junio, 2018. El eurodiputado Francisco Millán Mon celebra que hayan prosperado los esfuerzos coordinados de la Xunta de Galicia y del Gobierno de España presidido por Mariano Rajoy para que la revisión del Corredor Atlántico incluya a Galicia. Así se recoge en la propuesta de revisión del Mecanismo Conectar Europa hecha pública hoy por la Comisión Europea, que incorpora el tramo A Coruña - Vigo - Ourense - León.
Santiago, 6 de xuño de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe que o voceiro de En Marea “rexeitara incorporar á súa proposición non de lei sobre a independencia do Poder Xudicial a nosa emenda para que o Goberno central reformule as condicións do tránsito profesional entre a xustiza e a política”.
Santiago, 6 de xuño de 2018. A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García Míguez, demandou hoxe ao BNG que “respecten a independencia e liberdade das universidades galegas, que non necesitan leccións de ninguén para facer o seu traballo”.
Santiago, 6 de xuño de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Concello de Santiago que inicie, o antes posible, a redacción do proxecto de accesos que garanta a funcionalidade á nova estación de autobuses a partir da rúa Clara Campoamor. “É preciso que o Concello lle dea un pulo a esta infraestrutura e coordine co resto de administracións as diferentes actuacións, nun exercicio de responsabilidade e cooperación institucional”, indicou a deputada popular María Antón Vilasánchez.
Santiago, 6 de xuño de 2018. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, manifestou hoxe no Pleno do Parlamento que “unha correcta planificación de camas habilitadas nos hospitais galegos durante a tempada de verán leva aparellada a adecuación dos recursos ás necesidades asistenciais en cada momento, que se obxectivan cos indicadores asistenciais de anos anteriores”. Así, lembrou que o pasado ano 2017 “estiveron funcionantes o 88,9 por cento das camas hospitalarias galegas, fronte a unha ocupación media do 76,1 por cento”.
Santiago, 6 de xuño de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, paralelamente ao investimento público en tecnoloxía sanitaria, fomente e acolla de xeito complementario todas aquelas accións de mecenado que redunden nunha mellora do servizo ao paciente.
Santiago, 5 de xuño de 2018. O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lembrou este martes no Parlamento que “mentres Zapatero duplicou o número de parados, Rajoy deixa un país que crea medio millón de empregos ao ano”. Fíxoo lembrando as palabras da portavoz parlamentaria no Congreso, Margarita Robles, que durante a moción de censura dixo que o modelo de Goberno de Pedro Sánchez será o mesmo có de José Luis Rodríguez Zapatero.
Santiago, 5 de xuño de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, defendeu hoxe no Parlamento “a necesidade de reformular as condicións de tránsito profesional entre a xustiza e a política para evitar as portas xiratorias política-xustiza, a fin de fortalecer a percepción da independencia xudicial sen menoscabo do dereito a ocupar cargos públicos”. Neste sentido, ofreceu esta tarde unha transacción ao portavoz de En Marea co fin de incluír esta medida na súa proposición non de lei, que será votada na sesión plenaria de mañá, mércores.
Santiago, 5 de xuño de 2018. O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central a implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilícito no Código Penal, para avanzar na loita contra a corrupción.

Síguenos nas redes sociais