Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 05 de xuño de 2018. O Grupo Popular apoiou esta tarde no Pleno do Parlamento a aprobación dunha moción dirixida a buscar solucións para os emigrantes galegos retornados procedentes de Venezuela que levan dous anos e medio sen percibir as súas pensións, e que lle corresponde aboar ao Goberno venezolano.
Santiago, 5 de xuño de 2018. A deputada do Grupo Popular María Antón demandou hoxe no Parlamento a En Marea, no debate dunha moción sobre a protección do patrimonio cultural do Camiño de Santiago, que “amosen ese interese nos concellos onde gobernan para facer bo o dito de que valen as obras, non as palabras”.
Santiago, 5 de xuño de 2018. O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, considerou hoxe que “se podería incorrer en prevaricación atendendo a demanda de En Marea para que a Xunta retire os expedientes sancionadores abertos iniciados contra auxiliares de clínica do Hospital Álvaro Cunqueiro ao marxe dos procedementos establecidos e sen analizar os graves feitos que causaron prexuízos aos pacientes por non recoller e transportar as bolsas de roupa sucia nas habitacións, boxes de UCI e portas de quirófano”.
Santiago, 5 de xuño de 2018. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, criticou hoxe no Parlamento que o BNG pretenda “entremeterse nas competencias das universidades obrigándoas a adoptar medidas en materia de igualdade”. “O Goberno galego non pode interferir nin impoñer ás universidades accións para paliar as desigualdades no eido profesional e académico”, apuntou. Paula Prado explicou que, da análise dos distintos estudos existentes a nivel nacional e galego sobre a igualdade de xénero e a ciencia, “constátase que determinadas profesións teñen infrarrepresentación de mulleres; que a proporción de mulleres diminúe cando aumenta o nivel de representatividade; que a presenza de mulleres diminúe se se considera tamén o nivel de idade; ou que o número de mulleres investigadoras que son nais tamén diminúe”.
Santiago, 5 de xuño de 2018. O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, criticou hoxe que os socialistas “traian ao Parlamento unha proposición de lei sobre as bolsas de plástico dun só uso menos ambiciosa ambientalmente que o vixente Real Decreto sobre redución do consumo de bolsas de plástico”. “A lei que os socialistas propoñen se limita a establecer un imposto con mero ánimo recadatorio, prexudicando directamente ao consumidor e ao pequeno comercio”, indicou. Gonzalo Trenor lembrou que o Real Decreto 293/2018 sobre redución do consumo de bolsas de plástico xa prohibe que a partir do vindeiro 1 de xullo a súa entrega gratuíta aos consumidores, así como a prohibición a partir do 1 de xaneiro de 2020 da entrega de bolsas de plástico fragmentables e a partir de 1 de xaneiro de 2021 da prohibición da entrega de bolsas de plástico lixeiras e moi lixeiras, agás as de plástico compostable.   FEITO IMPOÑIBLE CON DATA DE CADUCIDADE “Non parece moi acertado establecer un imposto sobre a utilización das bolsas de plástico cando o feito impoñible ten data de caducidade”, sinalou o portavoz popular. Ademais, indicou que a proposta socialista “consagraría indefinidamente a utilización das bolsas non…
Santiago, 4 de xuño de 2018. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou “o noso agradecemento e respaldo persoal a Mariano Rajoy, un Presidente do Goberno de España digno ata o final que deixou a Presidencia nunha moción de censura coa elegancia que caracterizou a súa presenza na política”. A nivel de Galicia, Puy asegurou que “abordamos os próximos días con absoluta tranquilidade, porque a estabilidade institucional está perfectamente garantida coa maioría ampla que respalda as políticas do Goberno galego e, a nivel político, porque pertencemos a un partido democrático que nos vindeiros días vai tomar as decisións que considere oportunas nesta nova situación”.
4, xuño, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “a nosa estabilidade política permite que Galicia sexa un dos motores da redución do número de desempregados”. Así se expresou logo de coñecerse os datos do paro do mes de maio, que reflicten que somos, por terceiro mes consecutivo, a Comunidade Autónoma onde máis baixa, cunha caída de 5,4 puntos superior á da media estatal.
Santiago, 1 de xuño de 2018. O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta de Galicia que realice un estudo histórico da variante do Camiño Peregrino Inglés a Santiago, que discorre desde o porto de Sada-Fontán ata Betanzos, lugar onde se une á ruta cara Santiago. A deputada popular Soraya Salorio afirma que este estudio facilitará a posterior delimitación desta variante do Camiño de Santiago, no caso de que tecnicamente sexa viable.

Síguenos nas redes sociais