Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 25 de setembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que o Sergas “mantén sempre recursos sanitarios operativos adaptados á realidade de cada momento, o que garante que durante os meses de verán a asistencia sanitaria en Galicia sexa tan boa como no resto do ano”.
Santiago, 25 de setembro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta “está a traballar na posta en marcha dun Plan galego de política familiar, no que se prevé a creación dun rexistro de familias monoparentais e un programa de axudas específico para estas familias”.
Santiago, 25 de setembro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe no Pleno do  Parlamento que “os milleiros de pacientes galegos que se beneficiaron do decreto de tempos máximos de atención sanitaria foron atendidos no servizo público de saúde”. Deste xeito, manifestou que “esta realidade desbota as afirmacións feitas pola oposición tanto no debata da lei de garantías sanitarias como en intervencións posteriores, desmontando as falacias que estamos acostumados a escoitar desde hai anos”.
Santiago, 24 de setembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que, unha vez que o Goberno central amosou a súa “boa vontade” levantando o veto á transferencia da AP-9 á Comunidade galega, “existen mecanismos que permiten que o Estado e a Xunta comecen a facer negociacións, que despois podan ter reflexo nas emendas que os grupos parlamentarios no Congreso presenten á proposición de lei remitida polo Parlamento galego”.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou esta mañá que Agustín Hernández é o alcalde que necesita Santiago de Compostela, “unha cidade cun concello aletargado” que abandonou por completo o máis valioso do seu patrimonio: os seus veciños. E é que tal e como advertiu “ninguén pode mencionar tres logros do concello nos últimos tres anos” nin tampouco se pode explicar que “sexa máis rápido arranxar a fachada do Obradoiro que tapar unha fochanca”.
22, setembro, 2018. O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que “Galicia necesita que unha cidade como Ferrol volva funcionar e José Manuel Rey pode logralo”.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, dixo esta tarde que Elena Muñoz é “a resposta que necesita Vigo” contra a arrogancia, as mentiras e a neglixencia na xestión. Neste senso, apuntou  que é preciso “outra forma de facer política” que substitúa “a soberbia pola humildade no servizo aos demais; a mentira pola verdade; a neglixencia na xestión pola competencia e o exercicio de responsabilidades; e a confrontación polo entendemento”. “O que propoñemos –engadiu- é un concello que se adapte aos vigueses e non que sexan os vigueses os que teñan que adaptarse, aceptar ou soportar as cousas do seu concello e dos seus responsables”.
21, setembro, 2018. Os deputados galegos no Congreso amosan o seu malestar e a súa frontal oposición á proposición non de lei, presentada onte polo grupo parlamentario confederal de Unidos Podemos, En Comú Podem e En Marea, na que piden a “aprobación de xeito urxente dunha moratoria na construción de novas liñas de AVE”, así como “o reformulamento das liñas de alta velocidade cara a liñas de altas prestacións”. Unhas propostas que supoñen unha ameaza e un intento de paralización da liña de alta velocidade a Galicia que está aínda en fase de construción.
Santiago, 21 de setembro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a fomentar a participación de Galicia en experiencias internacionais de intercambio e coñecemento con países e rexións que teñan en marcha tamén iniciativas de mobilización das terras agrarias.

Síguenos nas redes sociais