Santiago, 3 de setembro de 2018.- O Grupo Popular solicitará na Xunta de Portavoces de mañá a inclusión no Pleno da vindeira semana da comparecencia do Vicepresidente da Xunta para informar das actuacións da Administración galega no accidente do festival do Marisquiño en Vigo, segundo avanzou hoxe o portavoz Pedro Puy. Así mesmo, indicou que o PPdeG continuará no novo período de sesións “defendendo os intereses de Galicia ante as decisións do Goberno central que introducen incertezas moi grandes”, para o que “espero que os socialistas galegos nos axuden e sexan coherentes”.
01, setembro, 2018.O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, salientou esta mañá que o PPdeG inicia o novo curso político “con optimismo e ilusión” e encara as próximas eleccións municipais saíndo a gañar “nos 313 concellos e nas catro deputacións”. Neste senso, indicou que, fronte ás demais formacións políticas, o Partido Popular de Galicia é o único “cun proxecto para os 313 concellos, cun proxecto para as catro provincias, cun proxecto para Galicia e cun proxecto para España”.

Síguenos nas redes sociais