Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 23 de outubro de 2018.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, asegurou hoxe no Parlamento que “os controis semanais que se están a facer no encoro de A Baxe en Caldas e nas captacións situadas no río Umia en ningún caso teñen detectado presenza de toxina, senón de microcystis, un tipo de alga que lle da á auga ese aspecto de cor verde”.
Santiago, 23 de outubro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda a mellora das condicións laborais dos traballadores galegos. O viceportavoz Miguel Tellado celebrou que o resto de formacións con representación se sumen ás receitas da Xunta e reclamen que se apliquen as políticas que leva anos executando o Goberno autonómico.
Santiago, 22 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, demandou hoxe “unidade de acción” no Parlamento galego en defensa dos traballadores de Alcoa e contra a decisión unilateral da empresa de pechar as factorías de A Coruña e Avilés.
Santiago, 19 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o proxecto de orzamentos da Xunta para 2019 “está dirixido fundamentalmente a non cometer os erros do pasado e estar mellor protexidos para etapas futuras nas que a economía non medre, garantindo a sostibilidade dos servizos públicos fundamentais, para o que é indispensable cumprir a regra de gasto xunto coa senda do déficit”.
Santiago, 19 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, co único voto en contra de En Marea, a través da que se demanda á Xunta que proceda á apertura de novas zonas de concentración parcelaria de interese agro-gandeiro e forestal co obxectivo de rendibilizar as explotacións actuais.
Santiago, 18 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que demanda ao Ministerio de Fomento o inicio, o antes posible, da redacción e execución do proxecto de mellora de seguridade viaria e accesibilidade do tramo da N-551 entre a intersección coa N-550 e a Ponte Internacional de Tui, así como a adecuación desta ponte polo seu valor patrimonial e cultural.
Santiago, 18 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Goberno central a realización de estudos que acrediten o bo estado do stock de bonito do norte, de xeito que poida negociar para que se adopten as medidas de xestión que permitan estender a duración da campaña e a rendibilidade económica da campaña desta especie.
Santiago, 18 de outubro de 2018.- A portavoz de Turismo do Grupo Popular, Cristina Romero, asegurou hoxe que “en Galicia non se está a producir unha proliferación de vivendas de uso turístico gracias a que se está a ordenar con éxito este fenómeno”. Neste sentido, referiuse ao decreto 12/2017, polo que se establece a ordenación de apartamentos e vivendas de uso turístico en Galicia, que “brinda un marco de seguridade, contribúe a aportar cartos ás arcas  públicas, loita contra a competencia desleal e posibilita aos concellos que regulen este uso da vivenda, sendo a única normativa autonómica avalada integramente pola xustiza”.
Santiago, 18 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a continuar desenvolvendo campañas de concienciación para dar visibilidade á problemática do furtivismo de bañador e rematar así cos problemas que durante os veráns suceden en Galicia cos turistas que desfrutan as súas vacacións nos areais galegos. Así mesmo, incorporouse a emenda de En Marea para que a Xunta dote de  máis  medios públicos  propios  de  control  e  vixilancia  das  praias  para  evitar  todo  tipo  de furtivismo, creando unha partida no vindeiro orzamento con este obxectivo.

Síguenos nas redes sociais