Santiago, 10 de outubro de 2018.- O Grupo Popular rexistrou esta mañá as súas 40 propostas de resolución do Debate sobre o Estado da Autonomía, que inciden nas medidas anunciadas polo Presidente da Xunta na súa intervención de onte ante o Pleno e que permitirán continuar pola senda da recuperación económica de Galicia e da mellora na prestación dos servizos públicos a todos os galegos.
Santiago, 9 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe no Debate sobre o Estado da Autonomía que “Galicia está medrando e creando emprego, con menos paro que en España, ao tempo que este Goberno galego ten mellorado, pese á crise, a educación e a sanidade públicas”. Así mesmo, salientou que o Presidente da Xunta “cre no seu país, no seu potencial e nas súas institucións, e quere seguilo cambiando para facelo mellor e impulsar reformas substanciais que transforman para ben Galicia”.
Santiago, 9 de outubro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que na intervención do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía “quedou claro que ten ideas e proxecto, no só para o que queda de lexislatura senón para máis tempo, como o demostra o anuncio dun novo Plan Estratéxico para Galicia 2021-2027 ou a preparación do Xacobeo 2021”. “Certamente, non da a impresión de que esteamos ante un Presidente cansado, o que si pode ser é que algúns se cansen de ver que o Presidente segue a ter proxectos para Galicia”, sinalou.
Santiago, 8 de outubro de 2018.- O portavoz do  Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que “afrontamos o Debate sobre o Estado da Autonomía con espírito construtivo e esperamos que os demais grupos fagan o mesmo porque, na medida que podamos acadar acordos nas propostas, daremos estabilidade ás políticas que demanda a cidadanía”.
O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Ferrol é unha prioridade para o PPdeG, de aí que José Manuel Rey, “un membro importante do Goberno de Galicia”, sexa o candidato á Alcaldía: “Poñemos a disposición de Ferrol un equipo que funciona como equipo, un líder que lidera e un político que serve con política útil”.
5, outubro, 2018.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reflexionou sobre a situación na que chega Galicia ao Debate do Estado da Autonomía que se celebrará a vindeira semana, contrapoñendo dúas “realidades innegables”: a existencia dun Goberno consolidado e respaldado cunha maioría parlamentaria excepcional, que comparece ante Cámara cun balance do feito e cunha batería de propostas sobre o que queda por facer; e unha oposición dividida “incapaz de artellar sequera un discurso que resulte remotamente coherente entre as tres e prisioneira dos seus conflitos internos”.
Santiago, 4 de outubro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega solicitou hoxe no Parlamento a dimisión do presidente da Mancomunidade de concellos de A Mariña luguesa, Alfredo Llano García, logo de que esta entidade renunciara a unha axuda de 38.000 euros para sinalización turística desta comarca, “que eles mesmos a solicitaran e que a Xunta a concedera”. “Este presidente utiliza a Mancomunidade como arma política para atacar á Xunta, e non para traballar e defender os intereses dos veciños da Mariña”, apuntou.
2, outubro, 2018.  O  secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que “Galicia pode cumprir o obxectivo de crear, como mínimo, 80.000 empregos nesta lexislatura”.
El eurodiputado popular Francisco Millán Mon participó en la séptima edición de la World Trails Conference, celebrada en Santiago de Compostela y organizada por la Xunta de Galicia y la World Trails Network.

Síguenos nas redes sociais