25, outubro, 2018.O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, defendeu esta tarde a coherencia e o cumprimento da palabra que si demostra o PP fronte aos que teñen como prioridade manterse nos seus cargos. Así se expresaba na presentación do candidato popular á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo.
Santiago, 23 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular, que foi transaccionada dos grupos do PSOE e En Marea, a través da que se demanda á empresa Alcoa que reconsidere a súa decisión e retire o expediente de extinción de emprego sobre a totalidade da plantilla da súa factoría de A Coruña, tentando buscar solucións entre todos os axentes políticos, económicos e sociais afectados, abrindo unha mesa de negociación con todas as partes.
Santiago, 23 de outubro de 2018.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa Iglesias, avogou hoxe por “esperar á elaboración da Estratexia Nacional de loita contra a pobreza enerxética antes de abordar máis reformas que beneficien aos consumidores vulnerables”.
Santiago, 23 de outubro de 2018.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, afirmou hoxe “a vontade da Xunta de crear novos puntos de encontro familiar nas áreas onde se precisen, ofrecendo un servizo de calidade, suficiente, estable e cunha infraestrutura e persoal axeitados, un compromiso que quedará reflectido nos orzamentos para 2019”.
Santiago, 23 de outubro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Pleno que “apoiamos a resolución aprobada no Debate sobre o Estado da Autonomía e seguimos defendendo que a Xunta manteña o nivel de calidade asistencial na poboación asignada a Povisa, protexendo os postos de traballo existentes no marco das obrigas pactadas no convenio asinado entre o Sergas e o hospital”.
Santiago, 23 de outubro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, coa abstención de En Marea, a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta ao Ministerio de Agricultura e Pesca que desenvolva unha estratexia de comunicación para contrarrestar a confusión xerada logo das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias a propósito do anisakis.
Santiago, 23 de outubro de 2018.-  A deputada do Grupo Popular Raquel Arias demandou hoxe no Pleno que o Ministerio para a Transición Ecolóxica traslade á Unión Europea a situación que atravesan Galicia e outras comunidades autónomas afectadas pola presenza da avespa asiática, de xeito que se proceda a unha revisión da estratexia comunitaria.
Santiago, 23 de outubro de 2018.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, criticou hoxe que, “nun momento no que todos estamos moi preocupados porque están en perigo 400 postos de traballo en Alcoa, o BNG trae ao Parlamento unha proposición non de lei para pechar unha empresa como ENCE, deixando sen traballo a máis de 400 persoas e investimentos por un mínimo de 61 millóns de euros”.
Santiago, 23 de outubro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández, salientou hoxe no Pleno do Parlamento que “Galicia ofrece un modelo educativo consolidado que busca tanto a calidade como a equidade, con proxectos educativos innovadores e cun axeitado funcionamento na actividade lectiva e nos servizos complementarios”.

Síguenos nas redes sociais