Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 4 de decembro de 2018.- O deputado popular, Daniel Vega, defendeu esta tarde no Parlamento o desenvolvemento dun plan integral de formación náutico pesqueira para a Mariña lucense, no que se contemple a emisión de Certificados de Profesionalidade.
Santiago, 4 de decembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción acordada entre os grupos Popular, Socialista e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno do Estado que continúe co estudo e as medidas que leva a cabo en relación ás condicións de traballo que se dan no sector de aloxamento turístico, particularmente nos hoteis, incorporando a perspectiva de xénero.
Santiago, 4 de decembro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe no Parlamento que a Xunta potencie os servizos de transporte a demanda dentro da segunda fase do Plan de Transporte Público de Galicia, co obxectivo de continuar a garantir a mobilidade nas zonas rurais máis desatendidas.
Santiago, 4 de decembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo instou esta tarde no Parlamento aos grupos da oposición a que deixen de terxiversar a realidade e que poñan fin aos continuos intentos de botar por terra o bo facer da sanidade pública galega.
 Santiago, 4 de decembro de 2018.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, avogou hoxe no Parlamento por “seguir na senda da unidade” diante do conflito existente coa empresa Alcoa, porque “da a sensación que hai grupos parlamentarios que se empeñan en facer loita partidista e tensar a situación ata romper a unidade simplemente por oportunismo político”.
Santiago, 4 de decembro de 2018.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, asegurou hoxe no Parlamento que “a normativa actual e o planeamento urbanístico son máis que suficientes para evitar a instalación de plantas de residuos nos concellos”.
Santiago, 4 de decembro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, considerou hoxe no Parlamento que “non é axeitado regular mediante lei algo que é voluntario, como a integración na organización e na actividade empresarial das preocupacións sociais e ambientais”. Porén, salientou que “en Galicia xa temos moito camiño andado” e lembrou a existencia da Lei de racionalización do sector público autonómico, na que se establece a posibilidade por parte da Xunta de incluír cláusulas sociais nos seus procedementos de contratación, ou a aprobación da guía para unha contratación pública socialmente responsable.
Santiago, 4 de decembro de 2018.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, criticou hoxe no Pleno do Parlamento que o BNG “intente modificar a Lei de portos de Galicia co fin de coartar a xestión portuaria da Comunidade Autónoma a través dos concellos, subvertendo o réxime estatutario e constitucional de distribución de competencias entre a administración autonómica e a local.
4, decembro, 2018.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou esta mañá os datos de desemprego do mes de novembro nos que, na evolución anual, o paro baixa máis que no Estado e aumenta a contratación indefinida e a tempo completo. Tal e como expresou, a maior baixada de paro en Galicia con respecto ao conxunto do Estado responde á estabilidade de ter uns Orzamentos aprobados fronte á parálise nos investimentos que sofre o país por falta dun Presuposto.

Síguenos nas redes sociais