Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 11 de decembro de 2018.- A Comisión 3ª do Parlamento galego rematou esta tarde, coa aprobación do ditame, a tramitación tanto do proxecto de Lei de orzamentos da Xunta como do proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas, co que ambos textos quedan pendentes da aprobación na vindeira sesión plenaria para a súa entrada en vigor.
Santiago, 11 de decembro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular no Parlamento galego, Martín Fernández Prado, asegurou hoxe no Congreso que “pedimos a transferencia da AP-9 non para separar, senón para unir, e non para atacar ao Goberno de España senón para colaborar lealmente con el na xestión máis racional e máis eficaz das nosas infraestruturas”.
11, decembro, 2018.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que, “como partido de goberno en Galicia e en España, seremos capaces de casar o lexítimo desexo dos galegos de que a xestión da AP-9 resida na nosa Autonomía sen que isto menoscabe o interese xeral do Estado”.
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que “as Mareas de Podemos, que predican democracia interna e transparencia, aplican no seu partido as peores prácticas dos réximes que defenden”. “É agora cando comezamos a saber por que se fixeron chamar rupturistas e imaxinamos que é porque viven cada día ao borde da ruptura interna”, engadiu.   Como sinalou, levamos semanas observando o espectáculo que están dando nas súas primarias internas, “un novo capítulo das continuas conspiracións que levamos vendo neste partido desde a súa formación” e, unha vez máis, confírmase que as Mareas de Podemos nunca se preocuparon polos problemas de Galicia, senón que só dos seus propios.   Tellado apuntou que, desde a súa fundación, non fixeron nin unha proposta sólida pensando nos intereses dos galegos xa que os debates que trasladaron á sociedade foron o chofer e a secretaria de Villares, os soldos dos deputados e os asesores aos que teñen dereito, os deputados que pagan cotas ao partido e os que non, se unha deputada que intenta intimidar a un policía durante uns actos vandálicos debe dimitir ou non, ou se no partido debe mandar Villares ou Martiño Noriega cun testaferro durante uns meses.…
Santiago, 5 de decembro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a elaborar e aprobar, coa participación das entidades locais, universidades e asociacións de memoria histórica, un plan plurianual de investigación, localización, exhumación e identificación das vítimas do franquismo que están soterradas en foxas comúns en Galicia.
Santiago, 5 de decembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda que o Goberno central asine a orde de construción das cinco fragatas F-110 da Armada Española no estaleiro de Navantia antes de que remate 2018 e garanta tamén os investimentos tecnolóxicos e das infraestruturas necesarias para promover a conversión desa factoría nun estaleiro 4.0.
Santiago, 5 de decembro de 2018. O Parlamento de Galicia aprobou, co único voto en contra do BNG, a proposición non de lei presentada polo Grupo Popular para a supresión do voto rogado para os electores no exterior, solicitando ao Goberno do Estado e tamén aos grupos políticos do Congreso, no marco dos traballos da Subcomisión para a reforma electoral, a modificación da Lei de Réxime Electoral Xeral coa eliminación do rogo do voto combinando todas as posibilidades de participación electoral que sexan posibles e simplificando o procedemento en beneficio da eficiencia e a axilidade.
Santiago, 5 de decembro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se amosa a rotunda oposición á intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías, por consideralo unha medida regresiva, que fixa barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias, pon en risco a seguridade viaria e supón un atranco ao desenvolvemento económico é a cohesión social na Galicia.
Santiago, 4 de decembro de 2018.- O portavoz do Medio Rural, Moisés Blanco, incidiu hoxe que Galicia defenderá os seus intereses na Política Agraria Común dentro do plan estratéxico que presentará España.

Síguenos nas redes sociais