Santiago, 27 de marzo de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, celebrou hoxe o apoio unánime acadado no Parlamento Galego polas alegacións presentadas pola Xunta, consensuadas coa industria, ao borrador do estatuto electrointensivo do Goberno Central, logo de que toda a oposición votara a favor da proposición non de lei do PPdeG que recollía integramente estas medidas.
Santiago, 27 de marzo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Rodríguez Pérez reiterou hoxe no Parlamento que “a Xunta estivo e está en contacto permanente cos representantes da empresa e do Comité de Empresa de Bosch Service de Vigo co obxectivo de preservar os dereitos dos traballadores para que o procedemento do ERE aprobado se leve adiante cumprindo todos os requisitos legais”.
Santiago, 27 de marzo de 2019.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, cuestionou hoxe no Parlamento aos deputados socialista sobre “que consigna deron aos seus alcaldes en Galicia para que non se sumaran á rebaixa do 10 por cento do canon de Sogama aprobada pola Xunta e que esta rebaixa repercuta directamente no recibo que pagan os seus veciños”.
Santiago, 27 de marzo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Consellería do Medio Rural a manter o apoio aos profesionais que traballan no campo a tempo parcial, impulsando cantas medidas sexan necesarias para fomentar e protexer a súa actividade no campo galego.
Santiago, 27 de marzo de 2019.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, afirmou hoxe que o Goberno galego está a desenvolver “un traballo coordinado, transversal e inxente a prol dunha mobilidade máis sustentable, que inclúe un labor lexislativo e un enorme esforzo de planificación a través da estratexia integral de mobilidade sostible”.
Santiago, 26 de marzo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobará mañá mércores unha proposición non de lei do Grupo Popular na que pedirá ao Goberno Central unha rectificación do borrador de estatuto electrointensivo para que inclúa as alegacións que trasladou a Xunta logo de consensualas coa industria.
Santiago, 26 de marzo de 2019.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández Gil, criticou hoxe no Parlamento que os grupos da oposición “manteñan un debate artificial sobre o uso do galego, intentando converter a lingua en elemento de confrontación”.
O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta realice un estudo sobre as necesidades de vivenda destinadas ao alugueiro social, tanto no aspecto cuantitativo como de emprazamento das solicitudes, para incorporalo ao plan de vivenda que substitúa ao Plan RehaVita 2015-2020.
Santiago, 26 de marzo de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, avogou hoxe no Pleno “por unha regulación a nivel nacional sobre a actividade dos grupos de interese antes de proceder a unha lexislación específica para Galicia”.

Síguenos nas redes sociais