Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

17, febreiro, 2020. O secretario xeral dos populares galegos e coordinador de campaña do PPdeG para as Eleccións Autonómicas, Miguel Tellado, declarou aos medios que a alternativa a Alberto Núñez Feijóo en Galicia é un multipartito que só suporía unha grande inestabilidade. Por este motivo, subliñou que o 5 de abril os galegos teremos que escoller entre un presidente e un goberno experimentado ou o experimento que representan os partidos da esquerda.
16, febreiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, sinalou que Alberto Núñez Feijóo é o único “antídoto posible” para que en Galicia non haxa a inestabilidade política que hai en España: “Os galegos teñen que elixir entre a moderación que representa Feijóo ou un multipartito formado polo PSdeG, o BNG e as tres Mareas de Podemos”.
15, febreiro, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que é un candidato libre e que tamén é e será un presidente libre para cumprir cos seus compromisos, para ser coherente e para unha Galicia lonxe de todo o que lle prexudica. “Libre para só deberme ás galegas e aos galegos, a nada e a ninguén máis”, insistiu.
14, febreiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que en Madrid hai constituído un multipartito de PSOE, Podemos e BNG no que ninguén defende os intereses de Galicia. “Se ese é o modelo que queren traer á Xunta, os galegos xa deben saber o que poden agardar deles”, precisou.
12, febreiro, 2020. O número dous do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou que Pedro Puy será a persoa encargada de coordinar o equipo redactor do Programa Electoral para as vindeiras Eleccións Autonómicas. Como asegurou, tratarase un documento que “non se redactará contra ninguén, senón que se redactará por Galicia; que non divida, senón que sexa un punto de encontro para todos os que queren que a esta Comunidade lle vaia ben; e que non exclúa a ninguén, senón que inclúa os intereses da maioría dos galegos”.
11, febreiro, 2020. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, púxose a disposición do partido para encabezar a candidatura do PPdeG ás eleccións autonómicas do próximo 5 de abril, e co obxectivo de manter a unidade, a normalidade e a estabilidade da Comunidade, porque “Galicia é moito, Galicia é todo”.
Santiago, 10 de febreiro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “decepcionante” a reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira porque “quen gastou os cartos que lle corresponden por lei a Galicia, en vez de transferilos, pretende que sexa paliativo conceder un préstamo a tipo cero, cando ademais os tipos de xuro están negativos”.
8, febreiro, 2020. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, reafirmou que as portas da gran maioría unida de Galicia están abertas a todos os que prefiren moderación, entendemento; veñan de onde veñan.
7, febreiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que non é xusto que os galegos teñamos ao secretario xeral socialista de toda España que menos defende os intereses da súa Comunidade, explicando que Gonzalo Caballero escolle sempre a Sánchez antes que a Galicia e que pensa que a nosa Autonomía merece ser agraviada, aínda que líderes autonómicos e locais do seu partido lle estean a advertir de que se equivoca.
  • Anterior
  • 1
  • 2
  • 3

Síguenos nas redes sociais