Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 7 de maio de 2019.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, manifestou hoxe no Pleno do Parlamento que “o Goberno do Estado xa non ten escusas, quedan menos de dous meses para atopar un comprador e o estatuto dos consumidores electrointensivos é un requisito indispensable se queremos que Alcoa teña futuro en Galicia”.
Santiago, 7 de maio de 2019.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que “todos os proxectos de minería tramítanse en Galicia con rigor segundo a lexislación vixente, que ofrece todas as garantías técnicas, urbanísticas e medioambientais”.
Santiago, 7 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo subliñou hoxe no Pleno do Parlamento o compromiso asumido polo Goberno galego de crear 40 novas prazas de fisioterapia na atención primaria galega. “Na Consellería de Sanidade sábese da importancia e do indubidable valor que aportan os profesionais de fisioterapia do Servizo Galego de Saúde, fundamentalmente no ámbito da atención á patoloxía crónica e na prevención da patoloxía músculo-esquelética”, apuntou.
Santiago, 7 de maio de 2019.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, demandou hoxe no Pleno do Parlamento que o Goberno do Estado habilite o financiamento para o ensino galego, de acordo co previsto na Lei de mellora das condicións para o desempeño da docencia e a ensinanza no ámbito da educación non universitaria, como paso previo a que se poida adoptar a decisión máis acaída respecto dos horarios do persoal docente.
Santiago, 7 de maio de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento que a nova lei de ordenación farmacéutica, que hoxe foi debatido na súa totalidade no Pleno, “está orientado á regulación da atención farmacéutica entendida como servizo de interese público e dirixida a garantir á cidadanía o acceso rápido, eficaz, oportuno, equitativo e racional aos medicamentos e produtos sanitarios que necesite”.
Santiago, 7 de maio de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a Lei que permite ao Goberno galego utilizar 125 millóns do superávit de 2018 para reducir o endebedamento, aforrar gastos financeiros e financiar investimentos en sanidade, educación, servizos sociais e no medio rural.
Santiago, 6 de maio de 2019.-  A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, afirmou hoxe que a utilización por parte do Goberno galego do superávit de 2018, cuxo proxecto de lei debaterase mañá no Pleno do Parlamento, “é exercer o noso autogoberno e defender os intereses de Galicia”. Deste xeito, demandou aos grupos da oposición, “que tanto se teñen manifestado pedindo un maior investimento en sanidade, educación e servizos sociais, que apoien este proxecto de lei para que estes 125 millóns do superávit sexan útiles para os galegos e se gasten nas súas necesidades reais”.
06, maio, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou  os datos de desemprego do pasado mes de abril publicados esta mañá, destacando que Galicia é o territorio onde máis baixa o paro, feito que “referenda a política económica do PPdeG".
Santiago, 3 de maio de 2019.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno galego a levar a cabo, antes de que remate este período de sesións, as actuacións comprometidas no seu día, para o mantemento da dársena do porto de Camariñas.

Síguenos nas redes sociais