Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo pide á militancia "alzar a voz" por España e por un partido que non se renderá

28 Feb 2016
Arteixo, 28 de febreiro de 2016.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, instou á militancia a “alzar a voz” por España e polo Partido Popular, unha formación que, segundo afirmou, “non se vai dar por vencida e moito menos despois de gañar”. 

Con respecto a isto, apuntou que hai partidos que pese a “presumir de coherencia” deixan tras de si un largo regueiro de incoherencias. Con respecto a Pedro Sánchez lembrou frases súas como a de que “nunca pactarei co populismo” e “Albert Rivera é de dereitas”, pese a “rogarlle” agora a ambos que o “aúpen á Moncloa”.

No tocante a Rivera lembrou a súa afirmación de que “o PSOE terá que absterse para que goberne a lista máis votada”, aínda que agora lle pide ao PP, primeira forza, que sexa a que se abstén.

Así, segundo indicou, nas últimas semanas, estamos a ver, ademais da “falta de coherencia, falta de escrúpulos”, pois moitos pensábamos que PSOE e Podemos, e sobre todo Ciudadanos “se diferenciaban en moitas cousas, pero son o mesmo: a arrogancia e a ambición partidista”.

Ao fío do cal aseverou que os españois “non queremos máis enganos, non queremos teatros e non queremos imposicións, así que que digan dunha vez se o destino de España é malo cunhas novas eleccións ou é peor cun goberno de fracaso”.

ESPAÑA PRECISA AO PARTIDO POPULAR

Ao parecer do presidente, España precisa escoitar ao Partido Popular tanto “cuantitativamente” como “cualitativamente”. No primeiro caso por ser a primeira forza e, no segundo, porque “somos os únicos que podemos dar exemplo de prosperidade, da defensa da unidade e da coherencia que España precisa”.


Durante a súa intervención na laconada do PP de Arteixo, onde estivo acompañado polo alcalde da localidade -Carlos Calvelo- e por Diego Calvo,  Feijóo afirmou que hai “quen pretende agochar que no Partido Popular existen moitísimas persoas que nos dedicamos á política escoitando e pensando na xente con honestidade”. 

Por iso afirmou que, aínda que “é certo que o PP seguramente cometeu equivocacións a nivel interno” tamén o é “que suma os maiores acertos externamente e liderou o país nos peores momentos”, polo que invitou ao auditorio a “recuperar a súa autoestima e reafirmar os valores e os principios que representa o Partido Popular”.

Ao fío disto apuntou que “cada militante desilusionado é un erro que non podemos permitirnos, cada simpatizante desencatado é unha escusa para que Pedro Sánchez siga tomándose en serio chegar á Moncloa e que cada votante perdido é unha escusa para que os partidos minoritarios sigan pensando que teñen patente de corso”.

No tocante a Galicia, Feijóo afirmou que mentres os nacionalistas miran con envexa a Cataluña, os socialistas desean importar á nosa terra a parálise en España e os de Podemos “míranse o ombigo” no Partido Popular de Galicia “podemos reivindicar o noso partido e podemos reivindicar Galicia”.

Nas verbas do presidente “a economía crece, baixa o paro, sube a afiliación, suben as exportacións, sube a produción industrial, sube a venta en comercio, a confianza empresarial e dos consumidores, baixan os impostos e eliminamos o imposto de sucesións e doazóns” ao que engadiu que  “Galicia avanza porque escollimos o pacto adecuado: o pacto cos galegos e as galegas. Así seguirá e así seguiremos”.