Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O GPP apoia instar ao Sergas a dispensar fármacos para a Hepatite C nos cárceres

27 Ene 2016
Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Servizo Galego de Saúde a dispensar sen máis dilación os novos fármacos para a Hepatite C a todas persoas internas nos centros penitenciarios galegos para as que están establecidos estes tratamentos no Plan Nacional para a Abordaxe da Hepatite C no Sistema Nacional de Saúde. O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez, afirmou que este apoio “é unha  mostra máis, e para que non quede ningunha dúbida, do compromiso do Partido Popular de Galicia coa saúde de todos os cidadáns residentes na nosa comunidade, e de xeito especial cos enfermos de Hepatite C”.
 
A iniciativa aprobada incorpora ademais a solicitude para o establecemento dun sistema coordinado entre o SERGAS e a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias que permita a aplicación efectiva e máis eficaz posible do disposto no Plano para a abordaxe da Hepatite C no ámbito dos centros penitenciarios radicados en Galicia.
 
O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez, lembrou que “o Partido Popular de Galicia e o Goberno da Xunta teñen amosado o seu compromiso coa saúde da cidadanía, e mais no eido do tratamento da Hepatite C”. Neste sentido, lembrou que “iniciamos en Galicia o tratamento desta enfermidade cos novos fármacos, inclusive antes de que estiveran autorizados pola Axencia Española do Medicamento”.
 
TEMA COMPETENCIAL
 
“Non se trata dun tema económico, porque a Consellería de Sanidade leva investido mais de 75 millóns de euros en medicación da Hepatite C, e ademais sen incumprir o obxectivo de déficit”, salientou Núñez Centeno. Así, explicou que o problema “sempre foi competencial, porque a Xunta de Galicia non pode invadir os espazos das prisións, nin decidir o que se fai nos centros penitenciarios”. 
 
Aurelio Núñez fixo referencia á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia publicada a pasada semana na que se confirma e da a razón ao SERGAS fronte a Institucións Penitenciarias, clarificando o marco competencial. “Neste novo contexto, a consellería xa se puxo en contacto con Institucións Penitenciarias para comunicarlle a sentenza e solicitar información dos doentes, ademais de poñerse á súa disposición para facilitar o tratamento dos mesmos”, apuntou.
 

Síguenos nas redes sociais