Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Aprobado ditame do proxecto de Lei de Solo, en disposición para aprobación definitiva

29 Ene 2016
Santiago, 29 de xaneiro de 2016.- A Comisión 2ª aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei do Solo, que co este texto lexislativo queda en disposición de levar a sesión plenaria para a súa aprobación. O portavoz de Ordenación do Territorio, Jaime Castiñeira, concretou que “o obxectivo é que ningún concello galego estea sen plan xeral”, ao tempo que manifestou que “AGE ten de prazo ata o día do Pleno para repensar a súa negativa a admitir a trámite reforma do artigo 144 e facilitar a realización de proxectos de urxencia ou de excepcional interese público nos concellos”. 
 
Castiñeira afirmou que o proxecto de Lei do Solo vén respaldado pola aceptación de arredor do 80 por cento das propostas realizadas por colectivos sociais, así como pola incorporación ao proxecto na súa tramitación no Parlamento de 79 emendas dos grupos parlamentarios, 45 delas a iniciativa da oposición.
 
Porén, considerou “unha mágoa que AGE non aceptara a admisión a trámite da proposta do Grupo Popular para reformar o artigo 144, de xeito que se lle dera solución a unha serie de problemas que repercuten en calquera concello ante situacións de urxencia ou de excepcional interese público”. Neste sentido, reiterou a solicitude a AGE  para que ata a sesión plenaria cambie de opinión e acepte esta proposta, “que permita dar unha solución neste momento ao Concello de Vigo pero tamén a calquera outro concello galego que se atope cun problema urbanístico semellante”. 
 
UN RURAL VIVO NUNHA GALICIA PRÓSPERA
 
Castiñeira concretou que este proxecto de lei busca que ningún concello galego estea sen planeamento urbanístico e lembrou que neste momento en Galicia hai 57 concellos sen normativa ou planeamento urbanístico e 173 concellos sen o plan xeral adaptado.
 
En concreto, o portavoz popular indicou que o texto lexislativo facilitará “un rural vivo nunha Galicia próspera, facilitando o seu desenvolvemento; que ningunha edificación estea sen rematar; se poña en valor o patrimonio construído; e se dea unha solución e un paso adiante na ordenación para que moitos concellos poidan acadar plans xerais dando unha solución as situacións de fora de ordenación”. 
 
“Cando falamos dos foras de ordenación, é un feito importante que aquelas edificacións construídas actualmente que non se adapten ao novo planeamento non queden fora de ordenación, a menos que estea invadindo unha zona pública, sexa unha futura zona verde ou se prevea construír un novo equipamento”, explicou
 
Jaime Castiñeira apuntou que a nova lei “pretende avanzar na clarificación e simplificación da tramitación dos planeamentos”, salientando que a partir da súa aprobación “só será necesario un único trámite administrativo: a consellería competente será a encargada de recabar todos os informes sectoriais autonómicos nun prazo de tres meses”.
 
Na súa intervención, o portavoz popular referiuse ao Informe do Consello Económico e Social, “onde fala de aspectos positivos da nova lei como avanzar na simplificación administrativa e a reorientación do modelo de desenvolvemento, que pasa dun baseado no crecemento urbanístico cara outro máis sostible de fomento da rehabilitación e rexeneración urbana. 
 

Síguenos nas redes sociais