Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Plan de impulso ao comercio galego axudou a impulsar un 4,5% as vendas

25 Feb 2016

 


O GRUPO POPULAR DEFENDE O PLAN DE IMPULSO AO COMERCIO GALEGO DA XUNTA, QUE AXUDOU A IMPULSAR AS VENDAS UN 4,5% O PASADO ANO E A RECUPERACIÓN DO EMPREGO



·    “Galicia é a terceira comunidade autónoma española que máis esforzo inversor realiza no comercio de proximidade”, salientou Romero



Santiago, 25 de febreiro de 2016.- A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Romero, defendeu hoxe no Parlamento o Plan estratéxico de impulso ao comercio galego posto en marcha pola Xunta de Galicia o pasado mes de xuño, que está a axudar na recuperación deste sector cun incremento de vendas do 4,5 por cento o pasado ano e a recuperación do emprego no comercio de proximidade.



Cristina Romero concretou que o obxectivo deste Plan estratéxico de impulso ao comercio galego é “modernizar e incrementar a súa competitividade adaptándose aos novos tempos, todo elo a través de 55 accións específicas para potenciar o smart commerce, impulsar a dinamización, a excelencia e a mellora contínua”.



INCREMENTO DE VENDAS



“Galicia é a terceira comunidade autónoma española que máis esforzo inversor realiza no comercio de proximidade”, salientou a viceportavoz popular, quen apuntou que “as acertadas políticas adoptadas polo actual Goberno galego permitiron situar a Galicia como a cuarta comunidade española cun maior incremento de vendas no pequeno comercio durante o pasado ano, encadeando 16 meses consecutivos de subas”.



Na súa intervención na Comisión 6ª, Romero asegurou que “o Partido Popular é o único grupo que ten amosado o seu apoio aos comerciantes” e a modo de exemplo sinalou que no que vai de ano a Xunta vén de activar axudas para reforzar a competitividade do sector comercial por 5,7 millóns de euros.



Cristina Romero criticou “o desprezo” dos grupos da oposición a estas axudas, “dirixidas non só a buscar a especialización senón tamén a buscar a adaptación tanto na súa xestión como na súa oferta ás novas tecnoloxías e aos novos mercados, permitindo incrementar a competitividade das empresas e reforzar as economías de escala”.



 “Nós traballamos xunto co sector dos pequenos comerciantes e froito deste consenso naceu o Plan estratéxico buscando a adaptación ás novas formas de comercialización e aos novos hábitos dos consumidores”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais