Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O GPP apoia demandar acceso gratuíto internet nos servizos ferroviarios de Galicia

25 Feb 2016


O GRUPO POPULAR APOIA DEMANDAR  AO GOBERNO CENTRAL A INMEDIATA INSTALACIÓN DE MEDIDAS DE ACCESO GRATUÍTO A INTERNET NOS SERVIZOS FERROVIARIOS DE GALICIA



·    Blanco explicou que na actualidade Renfe xa está a traballar na implantación deste servizo en toda España logo do contrato asinado con Telefónica por importe de 148 millóns de euros



Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a inmediata instalación de medidas de acceso gratuíto a internet, vencelladas ó uso do medio, nos servizos ferroviarios de Galicia.



O portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Moisés Blanco, lamentou que “AGE rexeitara a emenda que lle presentamos á súa iniciativa e que ía máis aló do que eles reclaman e finalmente se aprobou, xa que a proposta que saíu adiante só demanda a instalación de medidas de acceso a internet mentres que a nosa pedía cobertura e acceso público e gratuíto a internet”.



COMPETENCIA EXCLUSIVA DO ESTADO



Porén, Blanco recoñeceu “a necesidade de mellorar o servizo de acceso a internet que se presta no transporte ferroviario”, se ben lembrou que Renfe xa está a traballar na implantación deste servizo logo do contrato asinado con Telefónica, por un importe de 148 millóns de euros, para a instalación e prestación do servizo durante 10 anos. “Trátase dun servizo competencia exclusiva do Goberno central, polo que desde o Grupo Popular consideramos positivo o proceso que se está a levar adiante para estender á maioría das liñas este servizo”, apuntou.



Moisés Blanco explicou, ademais, que este problema de acceso a internet nos servizos ferroviarios “non é exclusivo de Galicia, senón que afecta a todo o territorio español”. Na actualidade, a única liña que dispón de cobertura total en Galicia é a que discurre entre Santiago e Ourense, unha situación que se mellorará coa execución do contrato de Renfe con Telefónica.



Respecto do segundo punto da iniciativa de AGE no que solicitaba vincular as axudas ás empresas de telecomunicación a que estas faciliten á Administración o acceso a internet gratuíto nos medios de transporte público, Moisés Blanco explicou que “resulta imposible legalmente, xa que a Lei de Subvencións, tanto a nivel estatal como galego, deixa claro que as subvencións non poden estar suxeitas á contraprestacións por parte dos beneficiarios”.

 

 

Síguenos nas redes sociais