Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Puy:"Besteiro está sufrindo as consecuencias de esixencias a outras forzas políticas"

15 Mar 2016

PEDRO PUY AFIRMA QUE BESTEIRO “ESTÁ SUFRINDO AS CONSECUENCIAS DE ESIXENCIAS A OUTRAS FORZAS POLÍTICAS E NO SEU PROPIO PARTIDO QUE QUIZAIS NON FORON RAZOABLES”



·    Reiterou que a continuidade de Feijóo á fronte do PPdeG e como candidato á Xunta “sería a mellor decisión para o partido e para Galicia”



Santiago, 14 de marzo de 2016.- “O señor Besteiro está sufrindo as consecuencias duns niveis de esixencia a outras forzas políticas, ou mesmo dentro da súa forza política, que quizais non foron razoables e que agora lle abocan a tomar esta decisión”, manifestou esta mañá o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, respecto da situación do secretario xeral dos socialistas galegos.



Logo de reiterar o seu “máximo respecto ás actuacións xudiciais e ás decisións internas dos demais grupos políticos”, Puy afirmou que “estamos vivindo unha época na que se está condicionando en exceso a vida política ás actuacións xudiciais”.



CHAMADA Á RACIONALIDADE



“Cando un leva tempo defendendo e incluso criticando a outras forzas políticas por atoparse nunha situación xudicial, ao final pasan estas cousas”, sinalou o portavoz popular en relación á situación do secretario xeral do PSdeG. Por este motivo, fixo unha “chamara á racionalidade”, porque “as investigacións xudiciais rematan de moitas maneiras e, salvo que un teña a absoluta certeza de que se cometeu un acto impropio ou de corrupción desde a esfera política, todos deberíamos ser consecuentes cos principios xerais do sistema democrático”.



Así mesmo, Puy considerou “necesario e garantista dunha boa xustiza que os asuntos xudiciais se resolvan con celeridade”, pero engadiu que “cando estamos a falar de persoas que exercen cargos públicos sería bo que tamén comezásemos a ver que algúns destes procedementos chegan a súa conclusión canto antes”.



FEIJÓO, O MELLOR PARA O PARTIDO E PARA GALICIA



Cuestionado sobre a continuidade de Feijóo á fronte do PPdeG e como candidato á Xunta, Pedro Puy reiterou que “sería a mellor decisión para o partido e para Galicia”. “Hai unha coincidencia ampla no conxunto do partido e mesmo na sociedade neste sentido, polo que calquera outra valoración que non sexa esperar, con certo e razoable optimismo, que Feijóo vai a ser o candidato que se vai presentar ao congreso e despois ás eleccións autonómicas non é nin o momento nin realista plantexalo”, engadiu.

Síguenos nas redes sociais