Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Encarna Amigo:"A oposición quere volver ao modelo de sanidade socialista insostible, inxusto e con data de caducidade"

28 Abr 2017

Santiago, 27 de abril de 2017.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo acusou esta tarde aos grupos da oposición de querer “volver ao modelo de sanidade socialista insostible, inxusto e con data de caducidade”. “O primeiro que fixo o Goberno central do PP foi afrontar a situación simplificando estruturas, eliminando duplicidades e racionalizando o gasto, pero sempre preservando os recursos directamente destinados as persoas”, indicou.


Encarna Amigo lembrou que os socialistas “deixaron un país onde a débeda sanitaria aumentara nun 173 por cento ata superar os 16.000 millóns de euros; un país no que non existía un marco legal que regulase o acceso á sanidade pública; un país no que 200.000 españois non tiñan dereito á asistencia sanitaria, excluíndo dela a quen peor o estaba pasando, incluíndo os parados sen prestacións; e un país no que se disparou o turismo sanitario, que consumía 1.000 millóns de euros ao ano para pagar a asistencia sanitaria de 700.000 estranxeiros”.


“España conta cun dos mellores sistemas sanitarios do mundo e coas medidas adoptadas polo Goberno do PP sentáronse as bases sólidas para garantir o seu futuro”, sinalou.


Así mesmo, a deputada popular lembrou que o Real Decreto 16/2012 recoñeceu a asistencia sanitaria aos inmigrantes irregulares que sexan menores de 18 anos, que estean en situacións especiais de urxencia por enfermidade grave ou accidente, e en embarazo, parto ou postparto.


GALICIA: PRIMEIRA EN ATENDER INMIGRANTES


“Galicia foi a primeira comunidade que, en setembro do 2012, desenvolveu un programa para dar cobertura sanitaria á poboación inmigrante que non teña regularizada a súa situación, priorizando a continuidade asistencial destas persoas e asegurando que quen precise poida recibir a asistencia sanitaria que requira”, salientou.


Desde a súa creación, 3.300 inmigrantes participaron neste programa, máis de 6.200 menores estranxeiros en situación administrativa irregular están baixo esta cobertura e calquera inmigrante en situación irregular que non teña nin poida ter cobertura por outro medio, con sospeita dunha enfermidade infecciosa de declaración obrigatoria, recibe atención sanitaria pública.

Síguenos nas redes sociais