Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

A Xunta dá o visto e prace ao proxecto de Decreto que regulará o Censo de Vivendas Baleiras e que permitirá ao Goberno galego unha mellor planificación social da política de vivenda Trátase dun Decreto que obrigará a inscribir no Censo todas as vivendas baleiras que se atopen en concellos de máis de 10.000 habitantes e sexan propiedade de entidades de crédito ou similares Lembra que esta actuación está integrada no decálogo de medidas que se puxeron en marcha, en materia de vivenda, para garantir o acceso de todos os cidadáns a un teito Indica que o obxectivo deste regulamento é dobre, pretende facilitar a incorporación ao mercado dos inmobles baleiros das entidades financeiras e promover a súa participación nas políticas sociais de vivenda  Santiago, 14 de xaneiro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo deu conta hoxe do visto e prace por parte do Consello da Xunta ao texto do Decreto que crea e regula o Censo de Vivendas Baleiras. Texto que segundo informou, será trasladado agora aos axentes sociais e económicos para que formulen posibles alegacións e que posteriormente será remitido ao Consello Consultivo. Trátase dun Decreto que obrigará a inscribir no Censo todas as vivendas baleiras que se atopen…
O Goberno galego dá luz verde ao primeiro Regulamento Xeral de Estradas de Galicia, que adaptará as normas de xestión dos viais á realidade territorial da Comunidade Trátase dun texto que foi sometido a información pública e inclúe as melloras propostas pola Asesoría Xurídica da Xunta. Así mesmo, sumáronselle alegacións presentadas por organismos como a Fegamp O presidente da Xunta considera fundamental contar con instrumentos normativos propios que nos permitan xestionar as nosas redes de estradas tendo en conta as nosas peculiaridades Sinala que os obxectivos fundamentais do regulamento son atender ás singularidades de Galicia, outorgar ás Administracións unha ferramenta normativa que asegure a adecuada xestión e protección do dominio público viario e salvagardar o interese dos cidadáns nas súas relacións coa Administración Di que con este regulamento pioneiro, unido á Lei de Estradas da Comunidade, a Xunta pretende lograr un reforzo das garantías xurídicas para a cidadanía, unha limitación da discrecionalidade das Administracións e unha maior transparencia e un traballo máis adaptado á realidade das estradas galegas e ás súas funcións Santiago, 14 de xaneiro de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello da Xunta deu luz verde ao primeiro Regulamento Xeral…
Feijóo anuncia o establecemento duns requisitos mínimos para as vivendas de uso turístico “Esta medida faise imprescindible, debido á tendencia de alugar por días e semanas a vivenda habitual, que está cada vez máis en auxe”, indica Deberán cumprilos aqueles domicilios habituais que se alugan por días ou semanas Teñen que alugarse enteiras, estar suficientemente amobladas e contar con calefacción en todas as dependencias, contar cun teléfono de atención 24 horas, servizo de asistencia e mantemento da vivenda e follas de reclamación Mantéñense as categorías de vivendas turísticas e apartamentos turísticos O presidente recorda que nos primeiros once meses do ano 2015 batemos o noso récord histórico de turistas, con máis de 4.300.000 visitantes  Santiago, 14 de xaneiro de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a remisión ao Consello Consultivo do proxecto de decreto polo que se establece a ordenación dos apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico, no que a principal novidade é a creación desta última categoría e o establecemento duns requisitos mínimos. “Esta medida faise imprescindible, debido á tendencia de alugar por días e semanas a vivenda habitual, que está cada vez máis en auxe”, indicou. Esta norma pretende erradicar…
Os deputados do PPdeG no Congreso tras a sesión constitutiva da Cámara
A primeira galega en obter unha bolsa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC polas súas siglas en inglés), a nigranesa Elena Ojea, desenvolverá en Galicia o seu traballo sobre o cambio climático grazas ao programa da Xunta Oportunius, que busca atraer a Galicia ao mellor talento científico, e ao esforzo da Universidade de Vigo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro tanto coa propia Ojea como con outros dos galegos tamén apoiados por bolsas Starting Grant do ERC: o físico de partículas Diego Martínez, e o químico molecular Javier Montenegro.
O titular da Xunta presidiu hoxe a presentación do libro “Xerardo Fernández Albor, discursos parlamentarios. Primeiro volume da colección do Parlamento dedicada aos presidentes de Galicia” Feijóo defende o autonomismo integrador de Galicia, un galeguismo que non se define por oposición senón por orgullo de pertenza “Non necesitamos contrapoñernos nin enfrontarnos frontalmente a nada nin a ninguén para reafirmar o que somos; non precisamos proclamar o que non somos nin infrinxir normas para sentir a importancia do significado de ser galegos e galegas en Galicia e en España”, asevera “Non hai maior desprezo cara a un pobo que empregar o amor á terra como ferramenta para dividir e enfrontar aos cidadáns. Aí nunca estivo Albor, e aí nunca estará Galicia”, di Asegura que Galicia “construíu unha autonomía sobre o respecto á lei, á convivencia e, sobre todo, apoiándonos uns galegos noutros. De aí o éxito colectivo do que sentirnos orgullosos como país” Ao presidente Fernández Albor, asegura, debémoslle a idea da ‘política paulatina’, posto que a historia demóstranos que “as grandes transformacións acádanse mediante pequenos pasos, e non con accións drásticas ou xestos solemnes” Santiago, 11 de xaneiro de 2016.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe…
O PPDEG TRASLADA Á OPOSICIÓN A MODIFICACIÓN DA LEI DO SOLO PARA QUE AS ADMINISTRACIÓNS POIDAN EXECUTAR PROXECTOS POR RAZÓNS DE URXENCIA OU EXCEPCIONAL INTERESE PÚBLICO ·    O texto da emenda presentada hoxe recolle como  necesario o informe favorable do Concello para seguir coa tramitación do proxecto ·    Esta iniciativa sería de aplicación para axilizar proxectos estratéxicos tanto na actualidade no concello de Vigo como no futuro en calquera outro noutras circunstancias Santiago, 11 de xaneiro de 2016.- O portavoz de Ordenación do Territorio do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, trasladou esta mañá á ponencia do proxecto de Lei do Solo de Galicia a proposta anunciada a pasada semana polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que as administracións públicas poidan executar proxectos por razóns de urxencia ou excepcional interese público. Esta iniciativa, que podería ser de aplicación na actualidade ao concello de Vigo para axilizar proxectos estratéxicos neste municipio ou a calquera outro noutras circunstancias, conta coa supervisión da Asesoría Xurídica da Xunta e agora será estudado por todos todos os grupos da oposición para a súa posible inclusión na nova Lei do Solo de Galicia. Esta incorporación deberá contar coa voto unánime de todos os grupos parlamentarios, dado…
PUY SALIENTA AS CASE 3.000 HORAS DE TRABALLO DO PARLAMENTO EN PLENO E COMISIÓNS NESTA LEXISLATURA “EN COUSAS TANXIBLES E QUE PREOCUPAN AOS CIDADÁNS” ·    A viceportavoz Paula Prado despediuse dos medios de comunicación antes da súa toma de posesión como nova senadora o vindeiro mércores Santiago, 11 de xaneiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, realizou esta mañá unha balance do traballo desenvolvido no Parlamento galego na presente IX lexislatura e concretou que “se traduce en cousas tanxibles e que preocupan aos cidadáns, como son uns orzamentos expansivos para 2016 que mudan a situación en relación cunhas contas restritivas dos últimos anos; unha situación no  ámbito social e da igualdade en Galicia con resultados obxectivables de que aquí non se ten agravado tanto a situación como no conxunto das comunidades autónomas; e se deron pasos decisivos para mellorar o goberno, a transparencia e o control cidadá dos poderes públicos”. Pedro Puy indicou que o Parlamento galego leva celebrado na presente lexislatura 932 xuntanzas de órganos da Cámara, entre as que salientan as 152 convocatorias da comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos; as 78 da Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego; as 74 da…
“Xogámonos que haxa comunidades que teñan que renunciar a parte dos seus recursos a cambio de que outras poidan velos aumentados simplemente por apoiar ao secretario xeral do PSOE”, di Rueda pide a Pedro Sánchez que non use o financiamento autonómico para lograr apoios a súa investidura • Apunta que ter un Goberno estable e que cumpre é “un valor que se pode percibir e polo que paga a pena apostar” • Afirmou que as Mareas “estarían poñendo o grito no ceo” se fose o PP o que estivera dividíndose en grupos para dispor de “máis tempo e máis cartos” no Congreso Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que o partido traballa arreo por que “a inestabilidade que algúns parecen querer perpetuar non chegue a Galicia”. O popular lamentou que 2016 comece con sete comunidades autónomas que “non teñen sido capaces de aprobar un orzamento e sen saber quen vai gobernar o Estado”, feito que, ao seu entender, fará que se vexa “máis aínda o valor da estabilidade e de poder facer as cousas dende un Goberno que sabe a onde vai e que ten a posibilidade de executalas,…

Síguenos nas redes sociais