Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O viceportavoz Miguel Tellado concretou que o obxectivo é lograr novos contratos tanto na construción naval convencional, como na eólica off-shore ou os buques propulsados por GNL    O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA FOMENTAR A COOPERACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓN E ESTALEIROS E MELLORAR A INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN NO NAVAL GALEGO   • “Trátase de traballar no camiño da optimización dos procesos produtivos, mediante o desenvolvemento dun estaleiro dixital para traballar en deseños e estratexias construtivas e a realización de novas ferramentas para a mellora da automatización e robotización das técnicas de construción naval”, explicou   Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a seguir fomentando a cooperación entre administracións e os estaleiros públicos e privados que conforman o sector naval galego, co fin de mellorar a investigación e a innovación no sector. O obxectivo é ganar novos contratos e lograr posicionarse internacionalmente nos nichos de mercado máis innovadores, como a construción naval convencional, o da eólica off-shore ou a construción e adaptación de buques propulsados por gas natural licuado.   O viceportavoz do Grupo…
O presidente asistiu hoxe ao acto de colocación de quilla do buque escola que o estaleiro Freire vai construír para o Ministerio de Defensa de Indonesia Feijóo considera un bo sinal o repunte na contratación rexistrado no sector naval galego, que abrangue o 23% do total de pedidos que afronta esta industria en España Salienta que, segundo datos do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo correspondentes ao terceiro trimestre de 2015, a carteira de pedidos en vigor dos estaleiros galegos suma 13 buques dun total de 56 contratos rexistrados en España Destaca que no referente á carga de traballo, o Índice de Actividade Ponderada en Galicia nos primeiros nove meses de 2015 supón un 32% do total de España Apunta que a carga de traballo coa que conta o conxunto dos estaleiros galegos, ben sexa en carteira ou en estadios finais de negociación, suma preto de 2.000 millóns de euros Considera que o naval comeza a traducir en emprego e carga de traballo o seu esforzo por innovar e tratar de ser máis competitivo nos mercados internacionais Vigo, 27 de xaneiro de 2016.- O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, considerou hoxe “un bo sinal” o repunte na contratación rexistrado no…
Santiago, 26 de xaneiro de 2016.- O deputado do Grupo Popular Gonzalo Trenor criticou hoxe no Parlamento que a oposición defenda unha axenda para o fortalecemento do sector industrial de Galicia e “obvien a existencia da Axenda de Competitividade de Galicia-Industria 4.0, que foi presentada nesta Cámara o pasado 28 de abril e que naceu das achegas das empresas galegas, dos clúster, dos centros tecnolóxicos e demais axentes económicos presentes no noso pais”.    Trenor manifestou que “a Industria 4.0 é un modelo que non ten volta atrás e do que depende que as empresas galegas podan competir con éxito nos mercados internacionais”. “A través desta Axenda apostamos por fixar tecido industrial en Galicia, fortalecéndoo e converténdoo no motor do crecemento,  porque ademais é o sector que exerce máis influencia sobre creación de emprego e de máis calidade”, dixo.   O deputado popular lembrou que o orzamento da Consellería de Industria para 2016 “crece cerca do 20 por cento respecto do ano anterior, dos que 60 millóns serán para avanzar na Industria 4.0, que á súa vez mobilizarán máis de 155 millóns de euros”.   EVOLUCIÓN POSITIVA   Gonzalo Trenor destacou a evolución positiva que está a ter a industria…
O presidente da Xunta respondeu hoxe as preguntas dos grupos no Pleno do Parlamento Feijóo subliña que a Xunta non aprobará a Lei de acuicultura sen ter o respaldo do sector “Pararemos esta lei ata que o sector vexa que está feita para eles, para darlle garantías, para que poidan obter fondos europeos e para que poidan protexerse das empresas que queren especular e que non queren crear postos de traballo”, asevera Adianta que a Xunta vai abrir inmediatamente mesas de diálogo cos bateeiros, coa xente do marisqueo e coas confrarías, porque a Lei de acuicultura “nace xustamente para respaldar o sector” e a súa aprobación debe contar co seu apoio Explica que o Anteproxecto de Lei de acuicultura busca tres obxectivos: consolidar e mellorar a acuicultura galega, preparala para poder exportar, e estabilizar e dar seguridade xurídica ás 5.400 familias que viven do sector do mar en Galicia   Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo asegurou hoxe que a Xunta vai facer “un alto no camiño” na tramitación da Lei de acuicultura porque “non se vai aprobar sen ter o respaldo do sector”. “Pararemos esta lei ata que o sector vexa que está feita para eles, para…
Santiago, 26 de xaneiro de 2016.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu esta tarde no Pleno do Parlamento que o Goberno galego quere acadar as mellores condicións para a flota do cerco no desenvolvemento da súa actividade. Por todo iso, puxo en valor o resultado das xuntanzas que está a manter a mesa de traballo constituída entre a Consellería do Mar e a totalidade dos representantes do sector, e que busca mellorar a actividade da flota do cerco galego no seu conxunto.   Balseiro puxo exemplos destas medidas positivas lembrando que grazas ao acordo proposto pola Xunta, a solicitude do sector, ningún barco galego do cerco quedará sen posibilidades de pesca ao recibir unha cota mínima en función do seu tamaño. “Unha proposta que a Consellería xa fixo fai dous anos pero que daquela foi rexeitada inexplicablemente”, lembrou.    O portavoz popular indicou tamén que o Goberno galego defendeu, na última reunión ante o Ministerio, que non conten as sancións por sobrepesca este ano, o que suporá un importante aumento de cota para cada barco. “Sancións por certo, que se impuxeron en época de Goberno do PSOE cando se practica pesca sen xestión e sen…
Santiago, 26 de xaneiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, tendeu hoxe a man no Parlamento para acadar o consenso na tramitación do proxecto de Lei da asistencia xurídica da Administración Xeral da Comunidade galega e do seu sector público. “Trátase dun proxecto necesario e oportuno, que significa un paso máis no exercicio do autogoberno ao proceder ao desenvolvemento do entramado institucional da Comunidade autónoma e pecha as medidas lexislativas de impulso democrático anunciadas polo Presidente da Xunta hai un ano”, indicou.   Pedro Puy subliñou a “actitude dialogante” que ten demostrado o Grupo Popular na tramitación de iniciativas lexislativas e avanzou que “procuraremos o acordo e o consenso nesta norma, como en todas as demais, porque pensamos que o acordo e o consenso é a mellor forma de lexislar na procura do ben común”.   Na súa intervención, Pedro Puy lembrou que das 33 leis  que  o Goberno galego ten remitido ao Parlamento na actual lexislatura, só unha (a de arquivos) non recibiu ningunha emenda de devolución. Ao mesmo tempo, 32 deses 33 proxectos de lei saíron aprobados do Parlamento sen un só voto a favor da oposición e “so rompemos esa racha coa recente aprobación…
Substitúen no cargo á nova vicepresidenta do Parlamento, Marta Rodríguez, e á deputada no Congreso Pilar Rojo    O GRUPO POPULAR DESIGNA A CRISTINA ROMERO E MIGUEL TELLADO COMO NOVOS VICEPORTAVOCES   Santiago, 26 de xaneiro de 2016.- O Grupo Popular designou na reunión celebrada esta mañá aos deputados Cristina Romero Fernández e Miguel Tellado Filgueira como novos viceportavoces, en substitución da nova vicepresidenta do Parlamento, Marta Rodríguez Arias, e da deputada no Congreso Pilar Rojo Noguera.   Cristina Romero Fernández compaxinará a viceportavocía coa portavocía en materia de Comercio e Turismo do Grupo Popular, e continuará como Presidenta da Comisión 6ª, de industria, enerxía, comercio e turismo. Romero Fernández forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Ourense, do que é a súa portavoz.   Pola súa banda, Miguel Tellado asumirá a viceportavocía do Grupo Popular, ademais da portavocía nos asuntos relacionados coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. Tellado forma parte da executiva do Partido Popular de Galicia, do que é portavoz.  
O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presidiu a reunión do comité de dirección do PPdeG. Sábado 23 de xaneiro de 2015 
Tras a reunión do Grupo Parlamentario Popular co seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, o voceiro, Pedro Puy, anunciou que a formación proporá a Miguel Santalices para ocupar o cargo de presidente da Cámara e a Marta Rodríguez Arias o de vicepresidenta primeira.

Síguenos nas redes sociais