Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2016.- Os deputados e senadores do PPdeG electos nas pasadas eleccións xerais ocuparán distintos cargos de responsabilidade nos órganos de dirección do partido nas cámaras do Congreso e do Senado. Esta ampla representación demostra a relevancia dos populares galegos  dentro do partido a nivel nacional facendo posible ao mesmo tempo que Galicia teña voz propia nas Cortes Xerais do Estado. En canto á Cámara Baixa, salienta o nomeamento da deputada Marta González que será portavoz adxunta do Grupo Parlamentario Popular e, polo tanto, membro da dirección. Así, ademais da presidencia da Comisión de Peticións, posto para o que foi nomeada Pilar Rojo, os deputados galegos ocuparán tres vicepresidencias segundas: Celso Delgado a da Comisión de Fomento, Miguel Ángel Viso a de Agricultura, e Miguel Lorenzo a de Educación.  En canto ás portavocías, Joaquín García Díez, Jaime de Olano e Irene Garrido estarán á fronte das de Pesca, Presupostos e Economía, respectivamente; mentres as portavocías segundas para Economía, o Pacto de Toledo, o Cambio Climático e Pesca estarán en mans de Celso Delgado, Pilar Rojo, Miguel Ángel Viso e Miguel Lorenzo. Xa na Cámara Alta, o senador electo por Lugo, José Manuel Barreiro, ademais…
O Grupo Popular incorporou unha transacción para que se aborde, coas representantes do sector e as entidades de xestión dos dereitos de autor, un Estatuto do Creador O PPDEG APOIA A APROBACIÓN NO PARLAMENTO DUNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI QUE SOLICITA A COMPATIBILIDADE DA PERCEPCIÓN DAS PENSIÓNS E OS DEREITOS DE AUTORSantiago, 10 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación por unanimidade dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a modificación normativa necesaria para permitir a compatibilidade da percepción das pensións coas derivadas dos dereitos de autor. Así mesmo, a iniciativa aprobada incorporou a emenda transaccionada do Grupo Popular para que se aborde, coas organizacións representativas do sector e coas entidades de xestión dos dereitos de autor, un Estatuto do Creador que contemple os diferentes tipos de situacións profesionais e os correspondentes mecanismos de protección social como salvagarda dos dereitos dos creadores. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou que “compartimos a preocupación polo problema expresado por múltiples organizacións e colectivos, unha situación que se agrava “pola discriminación que teñen os creadores intelectuais en relación cos profesionais xubilados que seguen realizando actividade e facturan as actividades…
  O PARLAMENTO APROBA, A INSTANCIA DO GRUPO POPULAR, INSTAR Á XUNTA QUE MELLORE A ADHERENCIA TERAPÉUTICA SANITARIA ·    Lembrou que a Consellería de Sanidade xa elaborou, cumprindo un mandato da Comisión 5ª, un informe sobre o número de fármacos prescritos e non retirados das farmacias polos doentes ·    As cifras que recolle este informe “fan difícil manter o mantra dos grupos da oposición que repiten continuamente de que os doentes non recollen os medicamentos por motivos económicos”, manifestou Núñez Centeno Santiago, 10 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a continuar traballando na mellora da adherencia terapéutica sanitaria, levando a cabo novos estudos sobre o nivel da mesma en Galicia que se centren non só na toma do medicamento senón tamén no seguimento doutras recomendacións en materia de saúde. O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno, lamentou o desinterese dos grupos da oposición respecto a este problema, representado co seu voto en contra á iniciativa, e explicou que o concepto de adherencia terapéutica defínese como o grao no que o comportamento do doente coincide coas recomendacións acordadas entre o profesional sanitario…
“Este é o decálogo que está a levar a cabo o Goberno galego: a economía crece; baixa o paro; sobe a afiliación; soben as exportacións, a produción industrial, a venda do comercio polo miúdo e a confianza do consumidor; e, desde principios deste ano, os galegos non pagamos polo imposto de sucesións”, salienta o titular da Xunta Feijóo constata o maior crecemento da economía galega desde 2008: cun paro que diminúe, cun récord de exportacións, cun IPI superior ao de España e cunha baixada de impostos · Reitera o compromiso da Xunta para seguir traballando e mellorando a situación e garante o compromiso cos sectores produtivos galegos, “para que sexan capaces de xerar emprego e riqueza” · “Hoxe hai traballo no sector naval en Galicia. Queremos unha lei co sector para dar seguridade xurídica no eido da acuicultura e o que fixemos no rural foi poñer impostos cero para transmitir parcelas, permutar parcelas e adquirir parcelas sen impostos”, lembra · Lamenta a postura de AGE que impediu onte martes que se puidese debater a emenda a un dos artigos da Lei do solo, que solucionaría os problemas urbanísticos de PSA Peugeot-Citröen e que afectan os proxectos de futuro da factoría…
O PARLAMENTO APROBA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR PARA A POSTA EN MARCHA DUN PROGRAMA DE MERCADOS NO CAMIÑO ·    Romero considerou necesario “ofrecer aos peregrinos servizos que complementan a súa experiencia no Camiño de Santiago, creando vínculos entre o peregrino e os produtos locais galegos” ·    “Valores como a calidade, proximidade e atención ao cliente, así como a profesionalidade dos praceiros, fan das nosas prazas de abastos unha canle eficaz de comercialización e o mellor escaparate do produto galego de calidade”, sinalou Santiago, 10 de febreiro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a por en marcha un Programa de Mercados no Camiño que sexa capaz de aproveitar as oportunidades que a Ruta Xacobea pode xerar para os pequenos produtores e os comerciantes das prazas de abastos e mercados dos concellos polos que transcorre. A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Romero, lamentou que “a oposición, co seu voto en contra, amosa o seu desinterese por un sector tan importante para a economía galega como é o pequeno comercio local”. Porén, indicou que con esta iniciativa pretendemos “non só contribuír a…
O PARLAMENTO APROBA A TRAMITACIÓN DA NOVA LEI DO PATRIMONIO CULTURAL, QUE FAVORECE A COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS, MELLORA A XESTIÓN E ADAPTA Á NORMATIVA INTERNACIONAL   ·    “Desenvolve o valor do patrimonio como acervo cultural e incorpora o concepto evolutivo e o carácter integrador”, dixo Baamonde sobre o texto lexislativo Santiago, 9 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a toma en consideración do proxecto de Lei do patrimonio cultural de Galicia, que favorece a descentralización e colaboración entre administracións, simplifica e mellora a xestión do patrimonio, adáptase á normativa internacional e outorga máis garantías para evitar indefensións. O portavoz de Cultura do Grupo Popular, Agustín Baamonde, salientou que “unha ampla maioría social é favorable á tramitación desta lei, reflectida na alta participación social rexistrada no proceso de alegacións ao anteproxecto”. En concreto, lembrou que o propio presidente do Consello da Cultura Galega “apostou pola necesidade desta nova Lei do patrimonio”. “Coas súas emendas á totalidade, só unha quinta parte deste Parlamento se opón á tramitación desta nova lei, dando mostras de que pretenden crear unha realidade social propia ou vivir de costas á que existe”, sinalou. CIRCUNSTANCIAS QUE ACONSELLAN A NOVA LEI Baamonde explicou que na actualidade…
O PARLAMENTO GALEGO APROBA A NOVA LEI DO SOLO DE GALICIA, QUE FACILITA QUE NINGÚN CONCELLO GALEGO ESTEA SEN PLANEAMENTO URBANÍSTICO E APOSTA POR UN RURAL VIVO ·    Castiñeira salientou que das 79 emendas que se incorporaron ao texto lexislativo na súa tramitación parlamentaria, 45 eran a iniciativa da oposición ·    A nova Lei do Solo vai supoñer “un cambio do modelo de desenvolvemento, pasando a un modelo máis sostible, baseado na rehabilitación e na rexeneración urbana”, apuntou Santiago, 9 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a nova Lei do Solo de Galicia, que facilitará que ningún concello estea sen planeamento urbanístico, un rural vivo nunha Galicia próspera, que ningunha edificación estea sen rematar, unha aposta pola rehabilitación e unha simplificación administrativa na tramitación de proxectos. O portavoz de Ordenación do Territorio, Jaime Castiñeira, lamentou que AGE rexeitara de novo o ofrecemento para aceptar a modificación do artigo 144 “e arranxar o problema actual da cidade de Vigo, pero tamén o que no futuro poidan ter calquera dos 314 concellos galegos para levar adiante proxectos de urxencia ou de excepcional interese público”. Jaime Castiñeira sinalou que estamos ante unha nova lei que “non só se aproba co…
PUY SALIENTA A IMPORTANCIA DA NOVA LEI DO SOLO, QUE GARANTE A CADA CONCELLO UN INSTRUMENTO LEGAL QUE APORTE CERTIDUME AO SEU PLANEAMENTO URBANÍSTICO ·    Considerou “chamativo que o mesmo grupo que pregunta ao Presidente pola súa defensa dos sectores estratéxicos nese mesmo pleno se opoña a algo que vai a favorecer a consolidación dun dos máis importantes sectores estratéxicos de Galicia, como é o automóbil en Vigo” Santiago, 8 de febreiro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe a importancia da nova Lei do Solo, que mañá será aprobada polo Parlamento galego, xa que “garante que ningún concello galego estea sen un instrumento legal que aporte certidume ao seu planeamento urbanístico”. Porén, lamentou que “quede pendente o floco da modificación do artigo 144” pola negativa de AGE a aceptar a proposta que permite solventar de común acordo entre todas as administracións proxectos de urxencia ou excepcional interese público, ante o que reiterou a vontade da Xunta e o PPdeG de “abrir un novo procedemento que permita incorporar esta solución no prazo máis breve posible”. Puy destacou na orde do día do Pleno desta semana a comparecencia do conselleiro de Cultura e Educación para dar conta…
Sinala que están executando con total claridade o mandato cidadán de renovación, cun proceso que cualifica como exemplar Tellado: “Nos congresos daremos protagonismo á militancia para seguir avanzando na reconexión coa sociedade e continuar sendo a forza de referencia en Galicia” • Agradece o traballo de Carlos Negreira, José Manuel Barreiro e Rafael Louzán que, gañando as eleccións, favorecen a renovación dando paso a unha nova xeración. Sen embargo, apunta que “os que son terceira ou cuarta forza política din que non pasa nada, como fai Besteiro” Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2016.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá que nos congresos que proximamente celebrará o partido “darán protagonismo á militancia para seguir avanzando na reconexión coa sociedade e continuar sendo a forza de referencia en Galicia”. Así, o voceiro explicaba que queren que este sexa un proceso de renovación resultado de ter escoitado á cidadanía. “Nós estamos executando con total claridade ese mandato cidadán de renovación, cun proceso que cualificaríamos como exemplar, que se desenvolve cun nivel de serenidade que xa quixeran para si outros partidos de Galicia”, engadiu Tellado. Ao tempo que explicaba que o obxectivo é seguir sendo o partido que máis…

Síguenos nas redes sociais