Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PARLAMENTO APROBA A INICIATIVA DO PPDEG PARA CONMEMORAR O CUARTO CENTENARIO DO PASAMENTO DE CERVANTES E HOMENAXEAR AO SEU MECENAS O VII CONDE DE LEMOS ·    Ademais, Rodríguez dixo que o VII Conde de Lemos “é unha figura que ten relevancia polo seu legado cultural e histórico, por ser defensor do voto en Cortes de Galicia e por terse comprometido co desenvolvemento de actividades industriais” Santiago, 5 de febreiro de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a impulsar e acompañar as principais iniciativas culturais que se realicen en Galicia para a conmemoración en 2016 do cuarto centenario do pasamento de Miguel de Cervantes, así como render unha homenaxe ao seu mecenas o VII Conde de Lemos. A deputada Julia Rodríguez salientou que “se trata de facer un recoñecemento de ambas figuras e poñer en valor o importante vínculo que une á un dos autores mais destacados da literatura universal, Miguel de Cervantes, con Galicia”. Julia Rodríguez lembrou que o VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, “é unha figura notable da historia e a cultura de Monforte, pero…
Santiago, 4 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que os Orzamentos da Xunta para este mesmo ano consignan unha partida de máis de 60 millóns de euros para a posta en marcha do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020, que prevé reducir á metade as vítimas mortais nas estradas galegas con respecto ao ano 2011 e un investimento próximo aos 300 millóns de euros durante a súa vixencia. Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, que hoxe deu o visto e prace a este documento, Feijóo explicou que o Plan de seguridade viaria 2016-2020 apóiase en cinco piares que son: optimizar a xestión da seguridade viaria, acadar vías de tránsito e mobilidade máis seguras, apostar por vehículos máis seguros, mellorar a resposta tras un accidente, e traballar para achegar maior seguridade aos usuarios destas vías. Reforzar a seguridade dos peóns e ciclistas Ao respecto, apuntou que o plan aumenta a atención especialmente sobre os usuarios máis vulnerables, peóns e ciclistas. E para iso, dixo, propón medidas específicas para nenos, persoas maiores e mesmo peregrinos que estean a realizar o Camiño de Santiago. Así mesmo, indicou que a Xunta vai acometer…
Santiago, 4 de febreiro de 2016.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mediodía que o Consello da Xunta deu hoxe luz verde a apoiar 15 novos proxectos con préstamos Jeremie que mobilizan sete millóns de euros. Feijóo puxo así de manifesto o compromiso da Administración autonómica co tecido empresarial galego a través de iniciativas como os préstamos Jeremie que, desde a súa activación a finais de 2014, teñen mobilizado 25 millóns en 45 proxectos promovidos por pemes, contribuíndo así ao mantemento de 900 empregos e á creación de 168 novos postos de traballo. Durante a rolda de prensa, o mandatario precisou que tres de cada catro destes proxectos están a ser desenvolvidos por microempresas e pequenas compañías, que se benefician duns préstamos con xuros fixos de arredor do 0,2%, ata 11 anos de amortización e un de carencia. “Os Jeremie consolídanse así como unha importante ferramenta de apoio ás pequenas e medianas empresas galegas”, incidiu, destacando que a contía media dos préstamos é de 300.000 euros. A tipoloxía dos proxectos apoiados vai desde un obradoiro tradicional para a fabricación de pan ata a adquisición de maquinaria para incrementar a capacidade produtiva das compañías. E, o 56%…
Santiago, 4 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Oferta Pública de Emprego para 2016 suma case 2.400 prazas entre Sergas, Educación e Administración Xeral, é dicir, máis do dobre de prazas que as ofertadas no ano anterior. Como sinalou, a OPE do presente exercicio superará con creces o volume de todas as convocatorias acumuladas dos últimos anos. De feito, prevé ofertar 818 prazas de diferentes categorías sanitarias e ás 1.112 prazas xa anunciadas no ámbito da Educación. A isto hai que engadirlle a oferta de prazas que se levou hoxe a Consello, outras 448 prazas para persoal da Administración Xeral, oferta que, como sinalou o presidente, será trasladada á mesa de negociación nas vindeiras datas. Máis polo miúdo, Feijóo sinalou que, do total destas prazas, 146 serán para persoal laboral no eido dos servizos sociais, o que permitirá aumentar a estabilidade no emprego desta área e mellorar a prestación do servizo. Por outra banda, outras 124 prazas irán destinadas a reforzar a prevención e extinción de incendios, sendo a primeira vez desde 2003 que se inclúe este servizo na oferta de emprego. Ademais, por primeira vez na historia da autonomía, convocaranse…
03. feb. 2016.- La ex presidenta del Parlamento Gallego y diputada por Pontevedra, Pilar Rojo, ha sido nombrada esta mañana presidenta de la Comisión de Peticiones del Congreso de los Diputados. La Comisión de Peticiones, que se ha constituido oficialmente, es la encargada de gestionar el derecho de petición de los españoles ante las Cámaras, un derecho fundamental en España que se puede ejercer de forma individual o colectiva y que está recogido en el artículo 29 de la Constitución, desarrollado en la Ley Orgánica 4/2001 y regulado en el Congreso en el artículo 49 del reglamento. Pilar Rojo cuenta con experiencia en este ámbito, ya que durante su etapa al frente del Parlamento Gallego ella presidió la Comisión de Peticiones de O Hórreo. Junto a Pilar Rojo, integrarán la Comisión de Peticiones de la Cámara Baja siete diputados más: Guadalupe Martín, del PSOE, que ocupará la vicepresidencia; Isabel Franco, de Podemos, que será la secretaria, así como Iñigo Barandiaran (PNV), Frances Xavier Eritja, de ERC, Pedro Gómez de la Serna, del Grupo Mixto, Rodrigo Gómez, de Ciudadanos y Elena Ribera i Garijo, de Democracia y Libertad, que actuarán todos ellos como vocales. El también diputado gallego Jaime de Olano…
O titular da Xunta interveu hoxe no acto inaugural do II Encontro de Directivos 100 consellos para o 2016 Feijóo apela á estabilidade, á confianza e á planificación como factores fundamentais para soster e impulsar o crecemento económico Subliña que non pode existir prosperidade económica se os axentes implicados nela non confían no sistema; de igual xeito que a confianza na institucións, dixo, achega uns cimentos sólidos para que a sociedade prospere Asegura que esa é a vocación coa que nace o Plan estratéxico 2015-2020, que plasma a vontade de acadar unha Galicia con máis oportunidades, máis emprego, máis produtiva e cohesionada territorialmente, e na que o benestar chegue a toda a cidadanía Sinala que, de cara ao final desta década, o obxectivo é que a Comunidade creza de xeito sostido por riba do 2,5% e que se creen 100.000 empregos ata 2020 Subliña que “non se pode conseguir a prosperidade económica e social se as institucións traballan de xeito unilateral, se actúan en contra da vontade maioritaria da cidadanía ou se coas súas accións dividen á sociedade”. Conséguese, di, “cando existe estabilidade e certeza; cando existe un marco institucional estable e digno da confianza que reclama a cidadanía” Santiago,…
Alberto Núñez Feijóo felicitou hoxe aos alumnos con premio extraordinario e aos mestres e todo o sistema educativo galego por acadar a menor taxa de abandono escolar. Durante o acto de entrega de diplomas dos Premios do Concurso Hispanoamericano de Ortografía e Premios Extraordinarios de Bacharelato, Formación Profesional de Grao Superior e Ensinanzas Artísticas Profesionais de Música, Danza e Artes Plásticas, Feijóo afirmou que a Galicia que queremos é a Galicia das oportunidades, “e as oportunidades –aseverou- están no coñecemento”. Logo de felicitar aos premiados polo esforzo e a valía, o titular do Goberno galego animounos a continuar ese camiño e quixo facer extensiva esta felicitación, tamén, a todos os mestres que, xunto con todo o sistema educativo público, están a acadar resultados extraordinarios para Galicia. Sobre este aspecto, Feijóo referiuse aos datos que acreditan unha constante diminución da taxa de abandono escolar temperá no sistema educativo galego, situándose a media do ano 2015 no 17%, case 9 puntos menos ca media de 2009. “Estamos –dixo- na taxa de abandono escolar temperá máis baixa desde que temos estatística”. Máis polo miúdo subliñou que o dato do último trimestre de 2015 é de 15,7%, “achegándonos así ao obxectivo da Estratexia Educación…
Puy criticou que no mesmo Pleno AGE pregunte ao Presidente da Xunta polos sectores produtivos galegos e se opoña á modificación do artigo 144 da Lei do Solo que garanta o futuro e o desenvolvemento da planta de PSA en Vigo O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO O ESTUDO DA ADHERENCIA DOS GALEGOS AOS MEDICAMENTOS E CREACIÓN DUN PROGRAMA DE MERCADOS NO CAMIÑO DE SANTIAGO • O Grupo Popular solicitou a apertura do procedemento para a substitución dos dous conselleiros de Contas que teñen concluído o seu mandato desde setembro Santiago, 2 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei sobre a necesidade de que a Xunta estude a adherencia dos galegos aos medicamentos e para a posta en marcha dun programa de mercados no Camiño de Santiago. Respecto da aprobación do proxecto de Lei do Solo, o portavoz Pedro Puy reiterou que “mantemos a esperanza de incorporar a reforma ao artigo 144” e dixo que AGE “debe reflexionar e ser coherente coa importancia que ten o sector do automóbil en Galicia e a expansión da factoría de PSA en Vigo para garantir o seu futuro e o emprego”. A…
Santiago, 2 de febreiro de 2016.- O deputado do Grupo Popular Ángel Camino vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que se insta ao Goberno galego a poñer en marcha un programa de actuacións progresivas para a mellora das estradas lucenses. Máis en concreto, o deputado popular empraza á Xunta a acometer as obras necesarias para o reforzo dos firmes de todas aquelas estradas pertencentes ás redes primaria e tamén secundaria de titularidade autonómica. 1.500 QUILÓMETROS DE ESTRADAS AUTONÓMICAS Camino lembra que a Xunta de Galicia é titular de aproximadamente 1.500 quilómetros na provincia lucense desde que se completou a transferencia destes viarios en aplicación do Decreto  Decreto 3317/1982. O deputado popular recoñece o compromiso notorio que durante estes case 35 anos fixo o Goberno galego para levar adiante melloras no firme e na capa de rodadura de moitas destas estradas, ao tempo que subliña as obras impulsadas durante este período que implicaron sensibles modificacións no trazado doutras. “Non obstante cómpre seguir traballando para estender estas melloras ao resto da rede autonómica de estradas”, sinala. ESFORZO ORZAMENTARIO A través desta iniciativa parlamentaria, o Grupo Popular solicita que se faga un novo esforzo orzamentario que permita atallar o…

Síguenos nas redes sociais